Proxectos

Fortalecemento da soberanía alimentaria e do uso racional dos recursos naturais en 10 comunidades da microcunca Quebrada Gallardo, municipio de Namasigüe, departamento de Choluteca, Honduras. Fase II

O proxecto localízase na microcunca da Quebrada Gallardo, no municipio de Namasigüe, pertencente ao departamento de Choluteca en Honduras. Con el preténdese dar continuidade á primeira fase do proxecto para contribuír a impulsar a soberanía alimentaria e o uso racional dos recursos naturais no sur de Honduras, mediante o fortalecemento e a diversificación dos sistemas de produción familiar sostibles, facendo énfase no uso racional dos recursos naturais. Neste ámbito, os principais problemas que afectan á poboación meta son a escasa diversificación e planificación baixo criterios de rendibilidade e sustentabilidade dos sistemas de produción familiar; así como a xestión insostible dos recursos naturais debido á utilización de prácticas inadecuadas, agravada pola escasa concienciación ambiental. Así mesmo, o proxecto ten en conta a debilidade institucional das organizacións e os actores locais encargados do manexo dos recursos naturais da microcunca; ao tempo que contempla a situación de desigualdade entre homes e mulleres en canto ao acceso dos recursos naturais da comunidade.

Para mellorar esta situación o proxecto establece unha serie de actuacións coas que se pretenden fortalecer os sistemas de produción familiar mediante a introdución de cultivos non tradicionais e de produtos orgánicos; implementar medidas para a conservación dos recursos naturais, a través do establecemento de sistemas silvopastorais para o manexo do gando bovino, a creación de parcelas dendroenerxéticas e a construción de ecofogóns mellorados. Por outra banda, o proxecto contempla o fortalecemento das capacidades dos actores locais na xestión dos recursos naturais a través de obradoiros para a elaboración dun plan de continxencia con enfoque de cunca. As accións propostas presentan, ademais, unha liña de traballo na sensibilización e capacitación da poboación sobre a conservación e o acceso equitativo aos recursos naturais con enfoque de xénero.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Choluteca (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)

Código CRS: 
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fortalecer a soberanía alimentaria e uso racional dos recursos naturais no sur de Honduras.
Obxectivo Específico: Promovidos sistemas de produción sostible de alimento e o uso racional dos recursos naturais na microcunca da Quebrada Gallardo no municipio de Namasigüe.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Mellorada a sustentabilidade e a diversificación dos sistemas de produción familiar con énfase na planificación produtiva.
Actividades:
A.1.1.1.: Instalación de microsistemas de rego por goteo (50 m2) para estimular a produción.
A.1.1.2.: Introdución de cultivos non tradicionais e material vexetativo (camote, yuca, piña, ayote, cogombro, frijol, millo, doce, cenoria, musáceas e froiteiras).
A.1.1.3.: Introdución de produtos orgánicos.
A.1.1.4.: Implementación de módulos para a cría e manexo de aves criollas.
A.1.1.5.: Establecemento dun banco comunitario para a selección e conservación de semente criolla.
A.1.1.6.: Promover sistemas de almacenamento de grans básicos a nivel familiar.
Resultado 1.2.: Implementadas medidas para a conservación dos recursos naturais.
Actividades:
A.1.2.1.: Manexo sustentable de sistemas silvopastorais de gando bovino.
A.1.2.2.: Establecemento de parcelas dendroenerxéticas.
A.1.2.3.: Construción de fogóns mellorados.
Resultado 1.3.: Fortalecidas as capacidades dos axentes locais en xestión dos recursos naturais e produtivos da microcunca baixo o enfoque da soberanía alimentaria.
Actividades:
A.1.3.1.: Obradoiros de formación de redución de riscos e elaboración do plan de continxencia con enfoque de cunca.
A.1.3.2.: Fortalecemento das capacidades de CDFG na utilización de sistemas de información xeográfica.
A.1.3.3.: Fortalecemento das capacidades de CDFG na mellora participativa de variedades de semente tradicionais.
Resultado 1.4: Reducida a fenda de xénero mediante a sensibilización das familias e a promoción do acceso equitativo e sustentable aos recursos produtivos con enfoque de soberanía alimentaria.
Actividades:
A.1.4.1.: Obradoiros formativos e eventos artísticos orientados a redución da fenda de xénero.
A.1.4.2.: Fondo rotatorio para financiar iniciativas económicas do grupo de mulleres pescadoras de Guamerú.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 150 familias situadas nas dez comunidades mencionadas anteriormente. Grupo pesqueiro conformado por 15 mulleres da comunidade de Guamerú. Coparte CODDEFFAGOLF. Poboación asistente aos talleres de sensibilización.Poboación asistente ás charlas de sensibilización no norte.
Indirecta: Poboación actual das comunidades e suman un total de 7.010 persoas.

Axudas: 

178.442,00 (2012: 53.532,60; 2013: 124.909,40)