Fortalecemento da sustentabilidade económica, social, ambiental e tecnolóxica do sector apícola, agrícola e acuícola en Chinandega, Nicaragua
Este proxecto trátase dunha continuación no proceso de fortalecemento do sector agropecuario e acuícola que Amigos da Terra e Fundación LIDER están a desenvolver tanto nos sectores de intervención, como no territorio en xestión (Occidente de Nicaragua), no contexto das crises a nivel sanitario (provocada pola COVID-19), sociopolítica e económica. Para iso preténdese mellorar a capacidade empresarial e produtiva dos sectores acuícola, apícola e agropecuario favorecendo en comercio e a creación de cooperativas.
Fundación Luchadores Integrados para el Desarrollo de la Región (LIDER)
Xeral: contribuír a mellorar a produción e o acceso a oportunidades económicas equitativas da poboación rural do corredor seco de Nicaragua.
Específico: mellorar a capacidade de resiliencia e sustentabilidade da produción apícola, agropecuaria e acuícola en 7 municipios de Chinandega mediante a adopción de mecanismos innovadores para xerar valor agregado e o acceso a novos mercados.
RE 1.1 Mellorada a capacidade empresarial, produtiva e a equidade de xénero, en 7 cooperativas e 3 grupos de produtores agropecuarios, apícolas e acuícolas.
A.1.1.1 Implementar un plan de fortalecemento para mellorar a sustentabilidade económica, financeira e empresarial das cooperativas beneficiarias.
A.1.1.2 Mellorar a participación das mulleres na toma de decisión e o control de recursos dentro das cooperativas.
A.1.1.3 Implementar procesos de formación e transferencia de tecnoloxías para promover innovacións produtivas.
RE 1.2 Mellorado o valor agregado de 5 rubros agropecuarios, apícolas e mariños.
A.1.2.1 Promover innovacións para mellorar o valor agregado de produtos apícolas, agrícolas e acuícolas.
A.1.2.2 Realizar investimentos para mellorar a seguridade, inocuidade e capacidade produtiva de 6 plantas de procesamento.
A.1.2.3 Desenvolver procesos de rexistro de produtos con valor agregado.
RE 1.3 Mellorada a comercialización dos produtos e a xeración de ingresos de 7 cooperativas agropecuarias, apícolas e acuícolas.
A.1.3.1 Elaborar e implementar plans de negocio dirixidos a desenvolver polo menos 6 emprendementos que permitan a cooperativas e grupos de mulleres mellorar os seus ingresos e independencia económica.
A.1.3.2 Promover o posicionamento, promoción e comercialización dos diferentes produtos e subproductos das distintas cooperativas.
A.1.3.3 Desenvolver campañas de mercadeo e publicidade para o aumento da demanda de produtos apícolas, agrícolas e acuícolas.
Directa: 351 homes e mulleres acuicultores/as, apicultores/as e agricultores/as (205 homes e 146 mulleres) asociados/as a 7 cooperativas e 3 agrupacións de produtores/as, situadas en 7 municipios do departamento de Chinandega, que forman parte do tecido produtivo dos municipios que serán atendidos polo proxecto.
Indirecta: Toda a comunidade de Chinandega e outros sectores que suman en total 5.104 homes e 4.806 mulleres cun total de 9.910 persoas que se benefician de maneira indirecta dos resultados do proxecto.
Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2021: 70.000 €; 2022: 105.000 €)