Fortalecemento da Universidade de Cabo Verde para o fomento do emprendemento e a innovación sostible en Cabo Verde nas áreas da economía verde e azul
Este proxecto, que da continuidade á anterior colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Cabo Verde (UniCV) e a outras intervencións previas financiadas por Cooperación Galega no país, pretende contribuír á xeración de oportunidades de desenvolvemento e creación de riqueza nas poboacións costeiras e rurais de Cabo Verde. Para iso, céntrase no fortalecemento institucional da Universidade de Cabo Verde como impulsora do emprendemento en dous ámbitos principais: a economía verde (por medio do desenvolvemento rural sostible) e a economía azul (a través do Programa Empreamar). Tamén se buscará xerar un maior impacto a nivel local e internacional, situando á UniCV como entidade de promoción de emprendemento no marco da súa misión de transferencia.
Universidade de Cabo Verde
Xeral: Contribuír á xeración de oportunidades de desenvolvemento e creación de riqueza nas poboacións costeiras e rurais de Cabo Verde a través da promoción do emprendemento
Específico: Fortalecemento da Universidade de Cabo Verde para o fomento do emprendemento e a innovación sostible en Cabo Verde nas áreas da economía verde e azul.
RE 1.0 O proxecto impleméntase e visibilízase correctamente seguindo os protocolos de prevención do COVID- 19.
A.1.0.1 O Comité do proxecto reúnese trimestralmente
A.1.0.2 Elaboración e posta en marcha dun Plan de Prevención do COVID 19.
A.1.0.3 Lévanse a cabo accións de difusión e visibilización do proxecto en redes sociais e medios locais
A.1.0.4 Realízanse informes de seguimento económicos e técnicos trimestrais
A.1.0.5 Realización dunha avaliación externa final
RE 1.1. Reforzadas as capacidades de promoción de emprendemento azul e verde da Universidade de Cabo Verde
A.1.1.1 Elaboración dun estudo diagnóstico para a unión e integración da economía verde e a economía azul.
A.1.1.2 . Deseño e posta en marcha dun Plan de Acción para unha edición de Empreamar integrando a economía azul e verde
A.1.1.3 Acompañamento e asesoría técnica a iniciativas emprendedoras
A.1.1.4 Establecemento de novas colaboracións con institucións públicas e privadas.
RE 1.2 Fortalecemento da Plataforma de emprendemento dixital Empreamar
A.1.2.1 Elaboración dun estudo diagnóstico e Plan de Acción para a sustentabilidade e extensión da Plataforma dixital Empreamar
A.1.2.2 Fortalecemento e impartición da oferta formativa da Plataforma dixital Empreamar
A.1.2.3 Mellorar a visibilización dos emprendementos da Plataforma dixital Empreamar
A.1.2.4 Elaboración dunha función de comunicación entre entidades e iniciativas emprendedoras dentro da plataforma dixital Empreamar
A.1.2.5 Fomentar a participación de novas institucións públicas e privadas na Plataforma dixital Empreamar
RE 1.3 Fortalecemento dun Observatorio universitario de Emprendemento de economía azul e verde
A.1.3.1 Elaboración de documentos de análises de oportunidades de negocios en diversos sectores (turismo, pesca, agro, gandería, porto)
A.1.3.2 Elaboración e difusión dunha guía sobre emprendemento e valorización do territorio en Cabo Verde.
A.1.3.3 Establecemento de alianzas con institucións públicas e privada para o desenvolvemento de estudos relacionados e o establecemento de formacións específicas
RE 1.4 Fortalecemento das capacidades da Universidade de Cabo Verde para a internacionalización do programa Empreamar.
A.1.4.1 Elaboración dun Plan de Acción para a internacionalización do Programa Empreamar
A.1.4.2 Celebración da I Conferencia lusófona de emprendemento en economía azul e verde
A.1.4.3 Establecemento de alianzas formais con institucións internacionais para a difusión dos programas de emprendemento da Universidade de Cabo Verde
Directa: 36 persoas, das cales 20 son homes e 16 mulleres
Indirecta: 191.000 persoas, das cales 93.590 son homes, e 97.410 son mulleres
Axuda Xunta de Galicia:
105.149,65 € (42.059,86 € en 2022 e 63.089,79 € en 2023)