Proxectos

FORTALECEMENTO DAS ACCIÓNS SOLIDARIAS DE ROGAS E INTERED

OBXECTIVOS

- Reforzar e consolidar as dúas organizacións por medio do estudo da viabilidade e a redacción dos plans estratéxicos
- Facilitar por medio da Internet o achegamento ás nosas organizacións
- Contribuir á sensibilización e educación das mulleres e homes na equidade de xénero

ACCIÓNS

- Obradoiros de traballo con persoal experto para o estudo da viabilidade e a elaboración do plan estratéxico
- Actualización e mellora da web de Rogas
- Elaboración, redacción, impresión e difusión do plan estratéxico das dúas organizacións
- Xornadas de intercambio con redes de mulleres para facer traballo de campo, acción directa
- Participación en xornadas e actividades coas persoas implicadas para mellor coñecemento da realidade a transformar
- Recollida, publicación e difusión do contido dos obradoiros , seminarios, foros e conferencias
- Viaxe do persoal contratado e voluntario de Rogas e Intered para desenvolver o proxecto no territorio galego
- Presentación do proxecto en rolda de prensa e outros medios
- Envío de información do proxecto aos diferentes colectivos de mulleres

 

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ROGAS
Axudas: 

19.860 euros