FORTALECEMENTO DAS ÁREAS DE COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN DO SGEP-FCP
Dentro das prioridades definidas no seu Plan estratéxico 2008-2011, a entidade dálle prioridade no proxecto a unha serie de obxectivos.
En primeiro lugar, na área de comunicación, alcanzar o máximo da eficiencia e eficacia posible en relación á comunicación interna e externa, nun ano en que o nivel e a magnitude dos novos proxectos que o SGEP empeza a desenvolver requiren unha proxección cara fóra para aproveitar ocasións como o Foro 2010 e a Cátedra Unesco para transmitir e difundir con maior forza os valores da Cultura e Educación para a Paz. Así, o primeiro obxectivo é a realización dunha comunicación externa de forma eficaz e eficiente a través de diferentes liñas de acción:
- Provisión de contidos pacifistas a medios de comunicación
- Sensibilización aos periodistas dos medios de comunicación social
- Creación dunha nova páxina web
- Utilización de novos soportes para a comunicación
- Reorientación da Área de Publicacións: produción e distribución
- Elaboración, implantación e execución dun Plan de comunicación externa
- Consolidación do Gabinete de Comunicación
- Dotación de recursos humanos específicos e especializados para a comunicación e comercialización
Por outro lado, o proxecto enmárcase no obxectivo nº 2 do Plan estratéxico da entidade, que prevé a consolidación e o reforzo do persoal contratado a través de incremento de persoal, e especialización funcional, incremento da capacitación técnica do persoal contratado e regulamentación das relacións laborais.
Período de execución: xuño 2010 – novembro 2010
Fortalecer institucionalmente a estrutura organizativa do SGEP-FCP para favorecer un correcto desenvolvemento dos novos proxectos emprendidos pola entidade nestes anos 2010-2011 (Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC, Foro 2010, Centro pola Paz de Herbón, Lei de fomento da cultura de paz de Galicia).
- Crear a nova páxina web do SGEP-FCP.
- Mantemento da ampliación da xornada laboral da técnica especializada en xestión das ONG e planificación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e captación de fondos.
- Realización de cursos de formación para o persoal contratado ou voluntario sobre xestión das ONG e métodos de avaliación participativa e inclusión, formulación, execución e xustificación de proxectos de educación e cooperación para o desenvolvemento.
- Fundación da Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC.
15.799,28€ (2010: 6.319,71€ - 2011: 9.479,57€)