FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE II
Este proxecto constitúe a Fase II do proxecto “Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais" ano 2008.
Esta Fase II contempla actividades formuladas para incidir nas actuacións futuras (capacitacións e sensibilización da poboación), pero está máis orientada á posta en práctica das capacidades e coñecementos adquiridos, principalmente, mediante as actividades de implementación dos plans de manexo de fincas.
Fundación de Investigación y Desarrollo Rural (FIDER).
Fortalecer as capacidades e sensibilizar da importancia do medio ambiente a poboación das comunidades de Sasle e Los Horcones para o aproveitamento sostible dos recursos naturais da microcunca do río Sasle.
- Reunións para fortalecemento dos Comités de Desenvolvemento Comunal de Sasle e Los Horcones e do Comité de Cunca.
- Capacitacións ao persoal técnico de FIDER.
- Capacitación e xiras de intercambio sobre tecnoloxías orientadas a reducir a sobre explotación do solo.
- Implementación dos plans de manexo de fincas
- Sensibilización da poboación beneficiaria para a equidade de xéneros.
474 persoas (142 mulleres)
154075,68