Proxectos

FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE III

Este proxecto constitúe a fase final dunha intervención que comezou en 2008. Os plans de manexo de finca dotados do enfoque de microcunca e elaborados coas familias beneficiarias na Fase I, unidos á experiencia adquirida co traballo na zona inspiraron a formulación da Fase II do proxecto, rematada a mediados de 2010 e que contemplaba actividades que pretendían incidir nas actuacións futuras (capacitacións e sensibilización da poboación), pero máis orientada á posta en práctica das capacidades e coñecementos adquiridos, principalmente, mediante as actividades de implementación dos plans de manexo de fincas.
Coa Fase III pecharase a intervención de Enxeñería sen Fronteiras Galicia na zona do proxecto garantindo a sustentabilidade das actuacións realizadas nas dúas fases anteriores; con esa finalidade amplíanse durante 5 meses as actividades de seguemento e asesoramento técnico das familias beneficiarias, refórzase a implementación dos plans de fincas e fortalécense e corríxense algúns puntos débiles detectados coa experiencia de traballo na zona e coas avaliacións internas e externa realizadas.

Período de execución: agosto 2010 – decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Jinotega (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

Fundación para la Investigación y el Desarrollo Rural

Código CRS: 
14015 - Protección recursos hídricos
Obxectivos: 

Garantir a calidade e sustentabilidade dos recursos naturais da cunca do río Sasle - lago de Apanás, mediante o fortalecemento das capacidades da poboación e a súa sensibilización a nivel medioambiental

Resultados e actividades: 

- Capacitacións sobre ofimática e sobre identificación e formulación de proxectos para o persoal da coparte
- Elaboración de rótulos de divulgación e sensibilización da poboación dos concellos de Jinotega e San Rafael del Norte
- Gravación e edición de vídeo para a difusión institucional e sensibilización da poboación da microcunca do río Sasle
- Capacitacións e xiras de intercambio para o fortalecemento dos Comités de Microcunca da comunidade de Sasle e da comunidade de Los Horcones
- Elaboración de carteis individualizados para cada familia cunha versión popularizada do seu plan de manexo de fincas
- Elaboración de guías técnicas, obradoiros e outras actividades para implementar a segunda anualidade dos plans de manexo de fincas
- Seguimento de todas as accións
- Organización de feiras ambientais, cuñas radiais para sensibilización ambiental, establecemento de viveiros en escolas, elaboración de guía técnica e capacitación sobre uso racional da auga e manexo de pilas e depósitos comunitarios de auga
- Reforzo da capacitación nas comunidades de Sasle e nas actividades do persoal técnico da coparte e Los Horcones na temática de equidade de xénero

Poboación beneficiaria: 

Directa: 80 familias (474 persoas)
Indirecta: aproximadamente 1.300 persoas

Axudas: 

62499