Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o acceso efectivo a unha xustiza feminista e o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias machistas no eixo La Paz/El Alto/Santa Cruz, Bolivia. Fase III
Este proxecto enmarcado na terceira fase, de dous proxectos previos desenvolvidos entre 2020-2024, pretende fortalecer as capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o acceso efectivo a unha xustiza feminista e o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias machistas no eixo A Paz-Santa Cruz, Bolivia. Para iso, traballará en catro planos: prevención, atención, formación e xeración de pensamento feministas, e incidencia política e social para a transformación e a despatriarcalización; desenvolvendo diferentes actividades e talleres.
MUJERES ASOCIADAS SOCIEDAD CIVIL – “MUJERES CREANDO”
Xeral: Contribuír ao pleno exercicio dos dereitos das mulleres bolivianas para o seu desenvolvemento íntegro, o seu empoderamento e a súa participación política, non limitados por ningunha forma de violencia ou discriminación.
Específico: Fortalecer as capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o acceso efectivo a unha xustiza feminista e o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias machistas no eixo La Paz/El Alto/Santa Cruz, Bolivia.
RE 1.1: Mulleres e nenas aumentan a súa capacidade para previr os efectos da violencia machista e mellorar o acceso ao seu dereito a unha vida libre de violencias.
A.1.1.1: Convocatoria, inscrición e realización de cursos de autodefensa feminista en centros educativos.
A.1.1.2: Convocatoria, inscrición e realización de cursos de autodefensa feminista con mulleres que acoden a Mujeres en Busca de Xustiza.
RE 1.2: Mulleres obxecto de calquera tipo de violencia contan con capacidades para acceder aos seus dereitos, a través de oficinas efectivas para a súa atención integral na Paz e Santa Cruz.
A.1.2.1: Mellora e extensión da ferramenta software para o rexistro, seguimento e consulta dos casos atendidos nas oficinas de Mulleres en Busca de Xustiza.
A.1.2.2: Atención, información sobre dereitos, interposición e seguimento de casos de violencias machistas cara a mulleres por un equipo multidisciplinar (legal, social e psicolóxico) na Paz e Santa Cruz.
A.1.2.3: Convocatoria e realización de Asembleas Feministas como estratexia de loita colectiva fronte ás violencias machistas.
RE 1.3: Mulleres novas e adultas contan con coñecementos teóricos e prácticos sobre feminismo e xustiza feminista mediante espazos e recursos de formación de calidade.
A.1.3.1: Planificación, convocatoria e realización dun Diplomado en Xustiza Feminista.
A.1.3.2: Implementación da “Escola de Formación Ética Profesional Feminista”.
A.1.3.3: Creación e presentación dun novo libro feminista.
RE 1.4: Xerados espazos de incidencia política e social a través de accións artísticas e mediáticas sobre feminismos e xustiza feminista.
A.1.4.1: Elaborar e difundir produtos comunicativos sobre as vulneracións dos dereitos das mulleres e sobre propostas e xustiza feminista.
A.1.4.2: Realización de denuncias públicas sobre vulneracións de dereitos das mulleres e xustiza feminista mediante expresión artística
Directa: 4.590 (3.990 mulleres; 600 nenas)
Indirecta: 9.480 (4.165 homes; 4.335 mulleres; 480 nenos; 500 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
184.988,41 € (64.745,94 € en 2024 e 120.242,47 € en 2025)