Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias e a medios de vida dignos no eixo La Paz- El Alto- Santa Cruz. Bolivia
O proxecto busca contribuír á eliminación das barreiras de acceso a dereitos e a emendar baleiros de protección das mulleres, nenas e adolescentes do maior eixo poboacional de Bolivia. O primeiro eixo do proxecto é o fortalecemento das accións de loita contra a violencia cara ás mulleres, desde unha visión á vez feminista, técnica e ética, xeradora de aprendizaxes e coordinada co sector público, cun enfoque tanto de prevención como de protección fronte á diminución de dereitos. O segundo eixo do proxecto concierne ao empoderamento das mulleres sobre os dereitos económicos e ambientais, unidos baixo un enfoque de ecoloxía feminista para contribuír ao fomento da produción sostible, a alimentación máis saudable e o cumprimento da lexislación boliviana sobre transxénicos e importación e uso de agro tóxicos.
Mujeres Asociadas Sociedad Civil ‘’Mujeres Creando’’
Obxectivo xeral: Contribuír ao exercicio pleno dos dereitos das mulleres bolivianas para o seu desenvolvemento íntegro, o seu empoderamento e a súa participación política efectiva, non limitados por ningunha forma de violencia ou discriminación.
Obxectivo específico: Mellorar desde unha visión feminista a calidade, a cobertura e os enfoques baseados en DD.HH. e Sustentabilidade Ambiental das accións para o acceso das mulleres, nenas e adolescentes aos seus dereitos económicos, sexuais e reprodutivos e a unha vida libre de violencia no Eixo La Paz- El Alto- Santa Cruz.
RE 1.1. Mujeres, adolescentes e nenas de todas as idades, aumentan a súa capacidade para previr os efectos da violencia machista cara a elas e os seus fillos/ as e mellorar o acceso ao seu dereito a unha vida libre de violencia en La Paz, Santa Cruz e El Alto.
- A 1.1.1 Convocatoria, inscrición de beneficiarias e realización de 6 cursos de Auto Defensa en espazos públicos de La Paz /El Alto e 3 en Santa Cruz.
- A 1.1.2 Sistematización das experiencias, prioridades e baleiros de protección das participantes.
RE 1.2 Alumnado e profesorado de centros públicos de Secundaria en La Paz e Santa Cruz adquiren coñecementos e conciencia dos seus dereitos sexuais e reprodutivos, a igualdade e as formas de violencia na súa comunidade escolar.
- A 1.2.1 Elaboración dos proxectos educativos e programación de actividades presenciais nos centros.
- A 1.2.2 Revisión sobre experiencias previas e reedición de material educativo.
- A 1.2.3. Realización de 30 talleres en 10 centros educativos municipais e de uso comunitario sobre os ODS da Axenda 2030, dereitos SSR, identificación e prevención do acoso e a violencia de xénero.
- A 1.2.4 Retro alimentación desde o alumnado e o profesorado.
RE 1.3 Iníciase a primeira fase de coordinación e aprendizaxe entre oficinas públicas e redes de apoio en La Paz e Santa Cruz para a aplicación do marco xurídico enfocado á mellora do acceso das mulleres e nenas ao seu dereito a unha vida libre de violencia.
- A 1.3.1 Equipamento e adecuación de 5 oficinas de atención á violencia contra as mulleres, habilitando espazos de coidado e entretemento para nenos/as en todos os centros.
- A 1.3.2 Atención, información sobre dereitos, interposición e seguimento de casos de dereito familiar e penal por equipo multidisciplinario (Avogada, Traballadora Social e Psicóloga).
- A 1.3.3 Revisión e mellora do sistema de retro alimentación desde as usuarias (caderno de información amigable, ficheiro inicial e final, cuestionario de satisfacción e queixas, visita domiciliar, gravacións).
RE 1.4 As produtoras agroecolóxicas rurais próximas a La Paz e Santa Cruz melloran a súa articulación aos mercados e a súa capacidade produtiva e de xestión para a comercialización en mellores condicións.
- A 1.4.1 5 Talleres de formación en dereitos económicos, micro finanzas e planificación (3 en La Paz e 2 en Santa Cruz).
- A 1.4.2 Seguimento de acordos cos GAM para a cesión de espazos comerciais en conxunto con outros actores.
- A 1.4.3 Trámites de constitución e reunións das cooperativas de produtoras.
- A 1.4.4 Dotación de insumos, incentivos, apoio publicitario e loxístico para a provisión, transporte e instalación dos produtos.
- • A 1.4.5 Instalación e manexo dos espazos de protección e entretemento para nenos/as nas Feiras.
RE 1.5 Avánzase nunha primeira fase do acceso das Mulleres en situación de alta vulnerabilidade ao seu dereito a medios de vida dignos mediante novas opcións de traballo e emprendemento en áreas urbanas de La Paz, Santa Cruz e El Alto.
- A 1.5.1 Atención, sistematización e contacto entre demandantes e empregadores/as na Axencia de Emprego.
- A 1.5.2 Constitución de cooperativas, acompañamento e mercadeo para a provisión de servizos ao sector privado e de produtos a iniciativas eco sociais.
- A 1.5.3 Asesoría financeira a todas as beneficiarias e apoio legal ás vendedoras ambulantes non sindicalizadas.
- A 1.5.4 Identificación, dotación de insumos e ferramentas para a creación de hortos urbanos en La Paz e El Alto e acompañamento aos mesmos.
- A 1.5.5 Capacitación en cociña para unha alimentación saudable e recuperación de saberes ancestrais das mulleres.
• A 1.5.6 Provisión de produtos, publicidade e distribución de canastras agro-ecolóxicas mediante pedidos dentro de grupos de redes sociais.
O proxecto beneficiará de maneira directa a 2.188 persoas (1.775 mulleres, nenas e adolescentes; 413 homes, adolescentes e nenos), polo menos a metade cun rol activo na execución e, indirectamente a non menos de 980 nenos/as, fillos/as das usuarias dos servizos de atención á violencia de xénero e das familias beneficiarias de hortos urbanos, xunto a 18 mozas bolseiras /os de varias facultades como apoio en diversas actividades, e 10 dos seus profesores/as, que avaliarán estas prácticas.
Axuda Xunta de Galicia: 174.728,45 € (2020: 69.891,38 €; 2021: 104.837,07 €)