Proxectos

Fortalecemento das capacidades de atención e protección a persoas migrantes na fronteira sur oriental de Honduras

O proxecto pretende dar resposta á situación de emerxencia que sofren as persoas migrantes na fronteira sur oriente de Honduras. Segundo datos do Instituto Nacional de Migración do goberno de Honduras, no ano 2022 produciuse un incremento dun 973% das entradas de persoas migrantes nesta fronteira respecto ao ano anterior. Este incremento de persoas refuxiadas e migrantes integrantes de movementos mixtos que ingresan, transitan e saen, supuxo grandes retos para as capacidades de resposta no país, especialmente na fronteira sur oriente. Ante esa realidade, proponse un proxecto que contribúa a fortalecer as capacidades de atención e protección da poboación migrante na fronteira sur oriental a través de: atención das necesidades básicas de 2.800 persoas migrantes nos centros Finca Casa da Esperanza e Hospital Casa Alivio do Sufrimento; a mellora das condicións de atención a persoas migrantes do Centro de Atención ao Migrante Irregular (CAMI) de Choluteca e unha campaña de sensibilización en medios de comunicación e redes sociais orientada ao trato digno ás persoas migrantes que reduza os riscos que enfrontan no seu camiño.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Choluteca (departamento)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Sur en Acción e Fundación Alivio al Sufrimiento

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito a unha migración e mobilidade segura ás persoas en tránsito no corredor Mesoamericano

Específico: Melloradas as condicións físicas, psíquicas e sociais de persoas migrantes no seu tránsito pola fronteira suroriental de Honduras.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Atendidas as necesidades básicas de 2.800 persoas migrantes nos centros Finca Casa da Esperanza, Hospital Casa Alivio do Sufrimento e o CAMI de Choluteca.

A.1.1.1. Entrega de alimentos ao Hospital Casa Alivio do Sufrimento para que os brinde ás persoas migrantes atendidas no centro.

A.1.1.2. Entrega de medicamentos básicos ao Hospital Casa Alivio do Sufrimento para a atención das persoas migrantes que o requiran.

A.1.1.3. Atención médica por parte do persoal de saúde (medicina e enfermería) das persoas migrantes que o requiran.

            A.1.1.4. Entrega de kits de hixiene e kits de dignidade ás persoas migrantes que o requiran.

A.1.1.5. Atención psicosocial a nenos e nenas a través accións lúdicas pedagóxicas acompañados polo persoal do centro como unha forma de entretemento e formación especializada.

            A.1.1.6. Apoio psicosocial a persoas adultas que o requiran por parte do persoal do centro.

            A.1.1.7. Traslado de persoas e recepción no Centro da Esperanza

 
RE 1.2. Melloradas as condicións de atención a persoas migrantes do CAMI Choluteca

            A.1.2.1. Mellora de infraestrutura da clínica do CAMI Choluteca

A.1.2.2. Entrega de Colchóns ao CAMI Choluteca para a rehabilitación das habitacións destinadas ás persoas migrantes en custodia

A.1.2.3. Entrega de medicamentos básicos para a atención das persoas migrantes que o requiran ao CAMI de Choluteca

 
RE 1.3. Sensibilizada a poboación da zona de intervención sobre a situación da poboación migrante no país e o seu dereito a un trato digno.

            A.1.3.1. Campaña de sensibilización orientada ao trato digno á persoa migrante

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2.744 (616 mulleres; 1.596 homes; 308 nenos; 224 nenas)

 Indirecta: 2.000 (1.020 mulleres; 980 homes)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 74.999,35 €