Proxectos

Fortalecemento das capacidades individuais e colectivas de resposta e protección ás mulleres e defensoras e á nenez fronte ás violencias, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maya, na rexión Norte, Occidente e Centro de Guatemala

O proxecto trata de crear unha resposta ao problema institucional que existe en Guatemala sobre a violencia de xénero e a debilitación que están a sufrir as administracións públicas deste país para poder atallar este problema. Neste sentido, céntrase en crear centros de protección para mulleres indíxenas vítimas de violencia de xénero, crear campos de sensibilización dentro dos colectivos do país si como tratar temáticas de prevención da violencia de xénero desde a nenez a través de estratexias comunitarias. Ademais faise especial fincapé no fortalecemento das capacidades das persoas e colectivos de defensores de dereitos humanos.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Asociación Grupo de Mujeres Mayas Kaqla

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Xerar condicións e capacidades estratéxicas para a redución da violencia e os seus efectos da violencia cara ás mulleres indíxenas de Guatemala.

Específico: Fortalecer as capacidades individuais e colectivas de resposta e protección ás mulleres e defensoras e á nenez fronte ás violencias que enfrontan, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maya, na rexión Norte, Occidente e Centro de Guatemala.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Xerados espazos para o desenvolvemento de procesos de sanación con mulleres vítimas de violencia.

            A.1.1.1 Construción dun módulo de 4 habitacións dobres no Centro de Sanación e Formación para laplenitud de vida "KAN".

            A.1.1.2 Talleres colectivos para a sanación de traumas con sobrevivientes de violencia de xénero.

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades de autocoidado individual e colectivo de mulleres e as súas organizacións sociais.

            A.1.2.1 Talleres de facilitación de procesos de autocoidados colectivos con organizacións sociais ? principalmente mulleres.

            A.1.2.2 Talleres de autocoidado para o equipo de traballo de Kaqla.

RE 1.3 Desenvoltas estratexias de prevención da violencia contra as mulleres e a nenez.

            A.1.3.1 Elaboración dunha estratexia de protección e coidado das mulleres e nenas. a partir das experiencias das terapeutas sociais nas comunidades.

            A.1.3.2 Talleres de formación para o autocoidado e prevención de abuso sexual en nenos e nenas (2 grupos de 25 nenas e nenos).

            A.1.3.3 Campaña de comunicación para evitar o abuso sexual, principalmente na nenez e mocidade.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Neste caso priorízanse varios sectores os cales son mulleres sobreviventes de violencia, defensores e defensoras e nenos e nenas (175 mulleres, 28 homes, 25 nenas e 25 nenos).

Indirecta: En canto aos beneficiarios indirectos tense en conta o alcance das campañas de sensibilización (269.405 homes, 291.855 mulleres, 211.675 nenos e 229.315 nenas).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 174.709,39 € (2021: 69.883,76 € ; 2022: 104.825,63 €)