Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras. Fase II
O proxecto forma parte dun programa máis amplo co que se pretende fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR.
Mancomunidad de los municipios del sur (NASMAR); Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA)
Obxectivo xeral: Ampliado o acceso a auga potable e saneamento da poboación rural como dereito humano básico mediante a xestión integrada do recurso hídrico con enfoque de cunca hidrográfica na rexión do Golfo de Fonseca, Honduras.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR, Honduras.
Resultado.1.1 Fortalecidas as capacidades de titulares de obrigacións para a xestión integral do recurso hídrico en 7 municipios do Golfo de Fonseca.
Actividades
A.1.1.1 Formación en Xestión Integral do Recurso Hídrico a técnicos municipais.
A.1.1.2 Formación de técnicos da Universidade Nacional Autónoma de Honduras para a capacitación intensiva sobre a aplicación gvSIG Fonsagua Computadoras Local Viaxe internacional e dietas.
A.1.1.3 Formación no uso de gvSIG Fonsagua ao persoal técnico das 7 municipalidades da Mancomunidade NASMAR e socios locais.
A.1.1.4 Mellora da ferramenta gvSIG Fonsagua.
A.1.1.5 Equipamento de laboratorio para o control da calidade da auga.
A.1.1.6 Fortalecemento da Comisión Municipal de Auga Potable e saneamento (COMAS) en El Triunfo.
A.1.1.7 Capacitación do persoal técnico municipal en control da calidade de auga.
A.1.1.8 Capacitación e sensibilización sobre o enfoque de xénero ao persoal técnico de municipios, corporacións municipais e responsables das Oficinas Municipais da Muller.
A.1.1.9 Capacitación e fortalecemento sobre o enfoque de xénero a socios locais (AHJASA).
Resultado.1.2 Impulsados procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento en comunidades rurais do municipio de El Triunfo.
Actividades
A.1.2.1 Elaboración de 20 plans comunitarios no municipio de El Triunfo.
A.1.2.2 Conformación e/ou fortalecemento das Xuntas de Auga de 20 comunidades.
A.1.2.3 Módulos formativos para o fortalecemento de xuntas de auga, incluíndo o enfoque de xénero.
A.1.2.4 Formación de visitadores/as comunitarios/as para a promoción hábitos hixiénicos e sanitarios relativos a auga e saneamento aplicando a metodoloxía ESCASAL.
A.1.2.5 Levantamentos topográficos e elaboración dos deseños técnicos nas 20 comunidades.
A.1.2.6 Capacitacións dirixidas a mulleres sobre habilidades comunicativas e sociais relacionadas coa participación democrática.
Resultado.1.3 Fortalecidas as capacidades locais en innovación tecnoloxías apropiadas para o abastecemento de auga e saneamento.
Actividades
A.1.3.1 Instalación dun sistema de bombeo abastecido por enerxía solar nas comunidades de Las Lajas-Zapotillo (Marcovia).
A.1.3.2 Desenvolvemento de experiencias piloto de saneamento.
A.1.3.3 Módulo formativo en deseño, instalación, operación e mantemento de sistemas de enerxía solar para bombeo de auga.
A.1.3.4 Intercambio de experiencias sobre tecnoloxías adecuadas en abastecemento de auga e saneamento.
A.1.3.5 Sistematización de experiencias piloto con tecnoloxías adecuadas en abastecemento de auga e saneamento.
Directa: A poboación beneficiaria directa está constituída polo persoal técnico das sete Alcaldías que conforman a Mancomunidade de NASMAR, así como o propio persoal contratado dos socios locais, a Mancomunidade de NASMAR e AHJASA. Así mesmo, o persoal técnico municipal e de saúde incluirase nas capacitacións de calidade de auga, co fin de fortalecer as súas capacidades e crear sinerxías coas municipalidades. Total: 3.259 persoas.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta serán os habitantes dos sete municipios que conforman a Mancomunidade NASMAR (203.900 persoas), xa que o fortalecemento da xestión da auga vai dirixido á poboación como titulares do dereito ao auga e ás institucións como titulares de obrigacións neste ámbito.
224.966,00 € (2015: 112.483,00 €; 2016: 112.483,00 €)