Proxectos

FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES LOCAIS PARA A XESTIÓN DO DESENVOLVEMENTO LOCAL NAS COMUNIDADES AIMARÁS DO MUNICIPIO DE QUIME, NO DEPARTAMENTO DE LA PAZ. BOLIVIA

OBXECTIVOS

Contribuir ao fortalecemento das capacidades de definición e xestión de propostas de desenvolvemento económico local, baseadas nos principios de equidade de xénero e baixo un criterio de racionalidade no manexo do medio ambiente. Fortalecer as bases económico produtivas das familias orixinarias e campesiñas do municipio de Quime. Fortalecer as capacidades das organizacións comunitarias. Promover a xestión comunitaria do territorio e a recuperación, protección e uso sostible dos recursos naturais para que se asuma como política pública local.

ACCIÓNS

- Implementación e posta en funcionamento do sistema de asistencia local
- Estudo sobre posibilidades comerciais da produción agropecuaria e forestal
- Apoio a 12 produtores na transformación da sua produción
- Selección e formación específica a produtores replicadores para levar a cabo a capacitación campesiño a campesiño
- Apoio e seguimento ao proceso de capacitación campesiño a campesiño
- Implementación e posta en marcha dun sistema de capacitación en actividades non agropecuarias
- Plan de apoio e seguimento ás iniciativas empresariais das mozas e mozos capacitados a través da actividade precedente
- Implementación dun sistema de concursos progresivos para incentivar as iniciativas empresariais locais no sector agropecuario e forestal
- Implementarase un sistema educativo e comunicacional, a través de medios impresos e da radio comunitaria, sobre dereitos e obrigas, empoderamento e cidadanía responsable
- Capacitación a distintos níveis dirixida a mozas e mozos e a dirixentes comunitarios comunitarios actuais e antigos sobre planificación, mecanismos de participación e toma de decisións, comunicaión, negociación, transparencia e xestión organizativa
- Facilitaranse espazos comunitarios de información, reflexión e análise da problemática local, desenvolvemento, coyuntura política, así como control social da xestión pública e dirixencial
- Facilitar espazos intercomunitarios para a elaboración dunha proposta de desenvolvemento económico local
- Socialización da proposta
- Lévase a cabo unha disgnose ambiental participativa do territorio de Quime
- Recopílase información base relativa ás normas comunitarias intercomunitarias existentes sobre xestión de recursos naturais e se restitue ás propias comunidades
- Facilítase un proceso de reflexión conxunta nas comunidades para consensuar a actualización, adecuación e creación de normas que regulen o uso e xestión dos recursos naturais
- Socialización da proposta

POBOACIÓN BENEFICIARIA

- Directas: 525 persoas distribuídas en 4 cantóns e 25 comunidades
- Indirectas: 1.575 habitantes

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Quime (municipio)
La Paz (departamento)
Inquisive (provincia)
Axentes: 
UNIÓNS AGRARIAS
Código CRS: 
31120 - Desenvolvemento agrario
Axudas: 

64.454,84 EUROS