Fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade da compoñente auga e saneamento nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras.
Proxecto de Enxeñaría sen Fronteiras Galicia agrupada con Universidade da Coruña
O presente proxecto é a fase IV do Programa de Auga de ESF en Honduras, dando continuidade a outros proxectos executados polo equipo de ESF-Nasmar-Ahjasa-UDC, e financiados pola Xunta de Galicia e outros financiadores. Sen embargo, marca unha evolución nos proxectos de ESF Galicia e a UDC no sur de Honduras respecto ao acceso á auga, debido a dúas circunstancias que se dan no momento actual: a nova normativa de plan municipal, e a presenza no territorio do proxecto Gobernanza Hídrica, da cooperación suíza. Ambas circunstancias ofrecen unhas posibilidades de coordinación e potenciación da labor que se viña desempeñando, polo que con este proxecto preténdese avanzar singularmente na execución do programa auga de ESF.
Para elo, darase continuidade á metodoloxía empregada nos proxectos anteriores, integrándoa e compatibilizándoa coas novas esixencias de plan municipal marcadas polo goberno hondureño. O proxecto aplicarase fundamentalmente a través da coparte aliada de ESF Mancomunidade de Municipios del Sur Nasmar. O proxecto incidirá así nos sete municipios da mancomunidade ao mesmo nivel de intensidade. Preténdese que a planificación hídrica e as ferramentas metodolóxicas que permiten unha xestión transparente e de calidade, estean integradas nos plans xerais dos municipios. Por outra banda, darase unha capacitación intensiva aos equipos técnicos dos sete municipios para que a capacidade de deseño e execución de proxectos de auga sexa efectiva. Estas capacitacións estarán participadas por persoal da UDC, a entidade pública Augas de Galicia, o departamento de Enerxías Renovables e o Instituto de Ciencias de la Tierra, ambos da Universidade Nacional Autónoma de Honduras, entre outros. Acompañarase esta acción da elaboración de manuais de xestión pública para fortalecer procesos de calidade interna, transparencia e bo goberno, e axudar a que no caso de cambio das equipas técnicas municipais, quede un procedemento guía establecido para proseguir as accións.
A última compoñente será a inclusión de medidas de transparencia, veeduría social e bo goberno, que impliquen unha esixencia ás administracións locais para a rendición de contas.
Mancomunidad de los municipios del sur NASMAR e Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA)
Obxectivo xeral: Ampliar o acceso a auga potable e saneamento da poboación rural como dereito humano básico mediante a xestión integrada do recurso hídrico con enfoque de cunca hidrográfica na rexión do Golfo de Fonseca, Honduras
Obxectivo específico: Fortalecer as capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade do compoñente auga e saneamento nos 7 municipios dá mancomunidade Nasmar con enfoque de cunca.
Resultado 1.1: Fortalecidas as capacidades técnicas para o deseño, xestión e execución de proxectos de auga en 7 municipios da mancomunidade Nasmar.
- A.1.1.1: Acompañamento aos equipos técnicos dos municipios para a apropiación das ferramentas de planificación, deseño, xestión e execución de proxectos de abastecemento de auga.
- A.1.1.2: Elaboración de manual metodolóxico para o deseño, xestión e execución de proxectos de auga nas municipalidades.
- A.1.1.3: Capacitacións temáticas para a comprensión do recurso auga a persoal técnico das municipalidades e mancomunidade Nasmar: calidade de auga, hidroxeoloxía, etc.
- A.1.1.4: Formación experta en enerxía solar para bombeo a dúas persoas colaboradoras da Nasmar en proxectos de auga, e xeración de materiais básicos para o deseño de sistemas solares de bombeo.
Resultado 1.2: Fortalecidas as capacidades de planificación do recurso auga nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar con enfoque de xestión pública de calidade e enfoque de cunca.
- A.1.2.1: Compatibilización das fases de traballo de campo e tratamento da información dos plans municipais e a aplicación Fonsagua.
- A.1.2.2: Realización de propostas de integración da XIRH con enfoque de cunca e de xestión de calidade non plan e normativa municipais.
Resultado 1.3: Melloradas as capacidades de sostenibilidade e participación en espazos de xestión pública de organizacións de sociedade civil vinculadas ao recurso auga.
- A.1.3.1: Transferencia de responsabilidades para o seguimento de actuacións do PXIRH á municipalidade e sociedade civil do Triunfo.
- A.1.3.2: Actividades de sensibilización en escolas e concurso de ideas sobre a xestión responsable do recurso auga
- A.1.3.3: Certificación de técnicos comunitarios de Ahjasa para cada concello.
- A.1.3.4: Xeración de ferramentas para transparencia e seguimento de resultados de proxectos de auga e saneamento.
- A.1.3.5: Intercambio de experiencias de Xestión Integral do Recurso Hídrico con enfoque de cunca.
- A.1.3.6: Fortalecemento administrativo-económico de Ahjasa
Directa: Homes (250), Mulleres (165), Nenos (1.750), Nenas (1.750)
Indirecta: Homes (126.892), Mulleres (131.486)
Axuda Xunta de Galicia: 225.000,00 € (2018: 90.000 € / 2019: 135.000 €)