Proxectos

FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS, COMERCIAIS E ORGANIZATIVAS DAS COOPERATIVAS MEMBROS DA REDE DE COOPERATIVAS DE CAFÉ DA REXIÓN NORTE (RECOCARNO) TERCEIRO ANO

Mellorar as condicións socioeconómicas de pequenos e pequenas produtores/as dos departamentos do Norte e Nordeste da República de Haití respectando e fomentando a protección do medio ambiente e a defensa da soberanía alimentar nesta rexión

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Departamento do Noreste
Departamento do Norte
Axentes: 
VETERINARIOS SEN FRONTEIRAS - VETERMON
Contraparte: 

Rede de Cooperativas Cafetaleras da Rexión Norte (RECOCARNO)

Código CRS: 
41000 - Protección xeral do medio
15150 - Fortalecemento sociedade civil
31194 - Cooperativas agrícolas
99823 - Comercio xusto
31100 - Agricultura
Obxectivos: 

Fortalecer as capacidades produtivas e organizativas da Rede de Cooperativas de Caficultores do Norte e Nordeste (RECOCARNO).

Resultados e actividades: 

- Rexeneración moderada de 1.000 ha de cafetais.
- Rexeneración severa de 50 ha de cafetais.
- Establecemento de 100 ha de nova plantación de café.
- 500.000 plántulas de café producidas para novas plantacións e rexenerados moderadamente.
- 650 grupos realizan 2 convites de loita contra broca.
- Preparación e instalación de 2.700 trampas contra a mosca da broca.
- Dotación de ferramentas.
- 2 reunións e 3 talleres de traballo para definir estratexia e políticas de crédito para fondos rotativos para mulos, con 48 participantes de 2 cooperativas pilotos.
- Dotación de 2 fondos rotativos para mulos.
- 2 sesións de 3 días cada unha para 100 participantes sobre xestión técnica dos mulos.
- Dotación de fondo ás cooperativas que financie a adquisición de sementes de ñame, plátano e malanga para diversificar 150 ha de cafetais (rexeneración severa e novas plantacións).
- Rehabilitación dun obradoiro para a transformación de froitas (marmelada e zumes) para un grupo de 30 mulleres da cooperativa de Pilboreau, máis dotación fondo de investimento para compra de insumos (botellas, potes, etiquetas, etc.).
- 2 sesións de capacitación de 1 día para 18 membros de 2 comités de educación.
- Dotación dun fondo rotativo para microcrédito para Comité de Educación de 2 cooperativas.
- Visitas mensuais de seguimento por parte de instancias RECOCARNO para avaliar el reembolso, rendibilidade real das actividades, impacto para os beneficiarios nas súas condiciones de vida.
- Participación en feiras comerciais en Haití e internacionais.
- 2 sesións, de 2 días cada unha, de capacitación sobre xestión e enfoque empresarial.
- 4 reunións da Asemblea de Delegados (1 cada 3 meses).
- Avaliación das actividades en cada cooperativa.
- 1 asemblea xeneral de RECOCARNO.
- Posta en marcha de 1 centro de alfabetización por cooperativa para 200 mulleres (nivel inicial).
- Censo de mozos/as.
- 2 reunións de sensibilización con cooperativistas para preparar a integración dos mozos/as ás cooperativas.
- 2 reunións cos mozos/as identificados nas 2 cooperativas para sensibilización e establecemento da súa estrutura dentro da cooperativa.
- Capacitación en cooperativismos (1 día), definición de roles das instancias (2 días), pertenza (1 día), enfoque empresarial (1 día), transparencia e democracia (1 día), para os grupos de mozos/as de 2 cooperativas.
- Intercambio en República Dominicana sobre enfoque de xénero.
- 4 visitas de seguimento de parte de Veterinarios Sen Fronteiras a RECOCARNO nas súas cooperativas afiliadas, para o seguimento da execución.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5.940 pequenos produtores e produtoras (2.419 son mulleres) de café membros das 8 cooperativas de caficultores que forman RECOCARNO.
Indirecta: Familias dos e das beneficiarias directas do proxecto: 30.260 persoas, ambos sexos.

Axudas: 

174594