Proxectos

Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico

Este proxecto constitúe a fase III dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 e 2014, tendo como obxectivo a mellora do coñecemento do recurso hídrico e a potenciación das capacidades de xestión da Administración Regional de Águas do Norte (ARA -Norte).

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administraçao Regional de Águas do Norte (ARA - Norte)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorada a xestión do recurso hídrico na provincia de Cabo Delgado, aumentando a calidade e a cobertura do servizo de abastecemento e saneamento da poboación.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico: ARA-Norte no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía.

Resultados e actividades: 

Resultados.1.1 Mellorada a ferramenta gvSIG-SIXHIARA que facilita a xestión do recurso hídrico na ARA-Norte.
Actividades
A.1.1.1 Desenvolvemento das melloras identificadas coa ARA-Norte da ferramenta gvSIG-SIXHIARA
A.1.1.2 Xeración de cartografía específicas para os requisitos de emprego da ARA-Norte
A.1.1.3 Capacitación no emprego e aproveitamento da versión mellorada do gvSIG-SIXHIARA na ARA-Norte e outros actores públicos rexionais.
Resultados.1.2 Fortalecidas as capacidades da ARA- Norte na xestión, delimitación e previsión de inundacións e no control da rede de monitoria.
Actividades
A.1.2.1 Creación dun módulo para la xestión de usuarios demandantes de auga dentro do gvSIG-SIXHIARA.
A.1.2.2 Realización dun inventario de usuarios demandantes de auga.
A.1.2.3 Estudio de inundacións exhaustivo nunha zona piloto.
A.1.2.4 Desenvolvemento dun módulo de aviso de inundacións dentro do gvSIG-SIXHIARA.
A.1.2.5 Creación de ferramentas hidrolóxicas para a xestión adecuada do recurso hídrico dentro do gvSIG-SIXHIARA.
A.1.2.6 Seguimento da actualización da rede de monitoria nos acuíferos de Metuge e entorno de Pemba.
Resultados.1.3 Aumentada a difusión de ferramentas para a xestión do recurso hídrico.
Actividades
A.1.3.1 Creación dun visor web aloxado na páxina web da ARA-Norte
A.1.3.2 Difusión da ferramenta gvSIG – SIXHIARA e dos estudios realizados nas fases anteriores a institucións vinculadas coa xestión do recuso hídrico, outras ARAs do pais e DNA.
A.1.3.3 Impulso da cartografía colaborativa en bacías prioritarias a través de OpenStreetMap (OSM).

Poboación beneficiaria: 

Directa: considérase ARA-Norte a beneficiaria directa do proxecto centrado no aumento de capacidades dos seus integrantes. A ARA-Norte é unha administración na que traballan un total de 31 persoas (25 homes e 6 mulleres).
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta son os habitantes da provincia de Cabo Delgado (en especial os habitantes da cidade de Pemba) que verán mellorada a xestión do suministro de auga da súa cidade e por tanto mellorarán a medio prazo o acceso o recurso hídrico. Total: 1.797.335 persoas.

Axudas: 

143.788,00 € (2015: 71.894,00 €; 2016: 71.894,00 €)