Proxectos

Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase IV

Este proxecto constitúe a fase IV do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica, da Hidroxeoloxía e hidroloxía, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II) e 2015 (Fase III) en Mozambique. O proxecto ten o fin de continuar mellorando o coñecemento do recurso hídrico e potenciar as capacidades de xestión da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte).

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administraçao Regional de Águas do Norte (ARA - Norte).

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorada a xestión do recurso hídrico en Mozambique, específicamente na provincia de Cabo Delgado, aumentando a calidade e a cobertura do servizo de abastecemento e saneamento da poboación.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico: ARA-Norte no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e Actividades:
Resultados.1.1. Mellorada a ferramenta gvSIG-SIXHIARA que facilita a xestión do recurso hídrico na ARA-Norte.
A.1.1.1. Desenvolvemento das melloras identificadas coa ARA-Norte da ferramenta gvSIG-SIXHIARA.
A.1.1.2. Xeración de cartografía dos estudos de inundacións.
A.1.1.3. Capacitación no emprego e aproveitamento da versión mellorada do gvSIG-SIXHIARA na ARA-Norte e outros actores públicos rexionais.
Resultados.1.2. Fortalecidas as capacidades da ARA- Norte na xestión dos recursos hídricos, con énfase na delimitación, previsión e resposta a inundacións e na xestión de usuarios de auga.
A.1.2.1. Mellora do módulo para a xestión de usuarios demandantes de auga.
A.1.2.2. Ampliación do inventario de usuarios demandantes de auga na área de traballo da ARA-norte.
A.1.2.3. Estudo de inundacións exhaustivo nunha conca urbana piloto (Pemba, Palma ou Muaguide).
A.1.2.4. Actualización dos estudos de inundacións das fases anteriores (Messalo).
A.1.2.5. Elaboración dunha ferramenta para a xeración automática de informes de danos e zonas afectadas (mapas de riscos de inundacións) das concas de Megaruma, Messalo, Montepuez e urbana piloto.
A.1.2.6. Creación de ferramentas hidrolóxicas para a xestión adecuada do recurso hídrico dentro do gvSIG-SIXHIARA.
A.1.2.7. Seguimento da actualización da rede de monitoreo nos acuíferos de Metuge e entorno de Pemba, que será feita polo ARA-Norte.
A.1.2.8. Capacitación no emprego das diferentes ferramentas para a xestión do recurso hídrico.
A.1.2.9. Apoio no desenvolvemento dos procedementos operativos e a planificación estratéxica da ARA Norte, facendo énfase na xestión de usuarios e a xestión de inundacións e riscos.
Resultados.1.3. Aumentada a difusión de ferramentas para a xestión do recurso hídrico en Pemba e na ARA-Sur.
A.1.3.1. Ampliación do visor web aloxado na páxina web da ARA-Norte con información dos resultados do proxecto.
A.1.3.2. Difusión da ferramenta gvSIG – SIXHIARA e dos estudos realizados nas fases anteriores a institucións vinculadas coa xestión do recuso hídrico e ARA-Sur.
A.1.3.3. Adaptación do módulo de inventario do gvSIG SIXHIARA na ARA-Sur, creando unha Base de datos xeográfica para a xestión do recurso hídrico.
A.1.3.4. Impulso da cartografía colaborativa nas concas de traballo a través de OpenStreetMap (OSM)
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: considérase como beneficiarios/as directos/as o INGC (Instituto Nacional de Gestão de Calamidades) na delimitación das zonas inundables e o ARA-Sur (Administración Nacional de Agua do Sur de Mozambique) como receptor de formacións e do módulo de inventario do gvSIG-SIXHIARA. Ademáis tamén poden ser consideradas como poboación beneficiaria directa a DNA (Direção Nacional de Águas de Mozambique) e a FIPAG (Fundo de Investimento e Patrimonio do Abastecemento de Agua). A maiores das institucións anteriormente citadas, considérase como poboación beneficiaria directa aos habitantes das cuncas de traballo de Montepuez, Megaruma, Messalo e da cunca piloto urbana, nas que se realizarán estudos e mapas de risco. Tamén considerase poboación beneficiaria aos habitantes da cidade de Pemba, xa que coa rede de monitoria verán mellorada a xestión do suministro de auga da súa cidade e, por tanto, mellorarán a medio prazo o acceso o recurso hídrico. Total: 537.849 persoas ( homes:144.771; mulleres: 158.713; nenos: 115.608; nenas: 424.658)
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta serán os habitantes da provincia de Cabo Delgado. Os avances realizados no coñecemento da realidade xeográfica e hidráulica da provincia e as melloras das metodoloxías de xestión e planificación especialmente no ámbito das inundacións e do abastecemento de auga, mellorarán a medio prazo a xestión de riscos e o acceso a auga. Deste xeito, como a ARA-Norte tamén encárgase da xestión de parte da provincia de Niassa, a súa poboación tamén pode ser considerada como beneficiaria indirecta. Total: 1.934.526 persoas (homes: 517.676; mulleres: 578.796; nenos: 413.396; nenas: 424.658)
 

Axudas: 

142.626,00 € (2016: 57.050,40 €; 2017: 85.575,60 €)