Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase V.
Este proxecto constitúe a fase V do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), da Hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III) e 2016 (Fase IV) en Mozambique.
O proxecto ten como fin o fortalecemento institucional da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte) a través da mellora do coñecemento do recurso hídrico e potenciando as súas capacidades de xestión. Tendo en conta os procesos realizados nesta ARA dende 2012, preténdese estender, nesta fase V, os resultados logrados a outras institucións responsables do recurso hídrico en Mozambique, como a Administração Regional de Águas do Sul (ARA-Sul) e a institución nacional responsable de dar apoio as ARAs que é a Dirección Nacional de Gestão de Recursos hídricos (DNGRH).
Nesta fase pretendese impulsar un sistema nacional que mellore o coñecemento e a capacidade de análise e planificación do persoal técnico da ARA Norte, ARA Sul e a DNGRH, mellorando o Sistema de Información do Recurso Hídrico (SIRH) xa existente. Así mesmo búscase fortalecer as capacidades técnicas destas institucións co fin de mellorar a xestión e planificación dos recursos hídricos en Mozambique e súa eficacia no seu traballo.
Administração Rexional de Águas do Norte (ARA-Norte)
Obxectivo Xeral: Mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique.
Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades técnicas das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique, ARA-Norte, ARA-Sul e DNGRH no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía.
Resultado 1.1: Impulsado un Sistema Nacional de Información dos Recursos Hídricos a partir das melloras no SIRH da ARA Norte (SIRHAN) xa existente para que facilite a xestión do recurso hídrico das administracións públicas competentes.
Actividade 1.1.1: Desenvolvemento das melloras identificadas coas institucións ARA Norte, ARA Sul e DNGRH da ferramenta SIRH: Inventario
Actividade 1.1.2: Desenvolvemento das melloras identificadas coas institucións ARA Norte, ARA Sul e DNGRH da ferramenta SIRH: Usuarios para a xestión de usuarios/as demandantes de auga.
Actividade 1.1.3: Desenvolvemento das melloras identificadas coas institucións ARA Norte e DNGRH da ferramenta SIRH: visor web.
Resultado 1.2: Fortalecidas as capacidades das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique, ARA-Norte, ARA-Sul e DNGRH na xestión, do recurso hídrico a través de ferramentas de SIG e na xestión de usuarios/as de auga.
Actividade 1.2.1: Capacitación no emprego e aproveitamento do SIRH, uso de SIG e actualización da web na ARA-Norte, ARA Sul e DNGRH
Actividade 1.2.1: Ampliación do inventario de usuarios/as demandantes de auga na área de traballo da ARA Norte.
Actividade 1.2.3: Seguimento da actualización da rede de monitoria nos acuíferos de Metuge e entorno de Pemba, que será feita polo ARA-Norte.
Actividade.1.2.4: Creación da BDD xeográfica no SIRH con información nacional actualizada para a xestión do recurso hídrico.
Resultado 1.3: Aumentada a difusión de ferramentas para a xestión do recurso hídrico.
Actividade 1.3.1: Difusión do SIRH a institucións vinculadas coa xestión do recuso hídrico.
Actividade 1.3.2: Dar a coñecer os estudos xa realizados e as ferramentas para a xestión a institucións vinculadas coa xestión do recuso hídrico e à poboación.
Directa: Unhas 545.981 persoas, das cales 134.366 son mulleres, 172.958 homes, 100.540 nenas e 138.117 nenos. A administración pública é a principal beneficiaria (ARA Norte, ARA Sul e DNGRH); ademáis, tamén se verá beneficiada a poboación das concas de traballo de Montepuez, Megaruma, Messalo e Muaguide. E tamén as comunidades de Metugue, Murruebe, Chuiva e a cidade de Pemba xa que verán mellorada a xestión do subministro de auga, e polo tanto mellorarán o acceso ao recurso hídrico.
Indirecta: Unhas 9.814.407 persoas, das cales 2.415.326 son mulleres 3.109.046 homes 1.807.272 nenas e 2.482.763 nenos. Habitantes das provincias que ARA Norte e Sul ten como responsabilidade: Cabo Delgado, Niassa, Maputo (cidade e provincial), Gaza e Inhambane.
149.863,00 € (2017: 59.945,20 €; 2018: 89.917,80 €)