Proxectos

Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase VII. Mozambique

Este proxecto constitúe a última fase do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiado pola Xunta de Galicia en diferentes convocatorias de proxectos dende 2012.

O proxecto ten como fin mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique a través do fortalecemento institucional das administracións rexionais responsables da xestión dos recursos hídricos (ARA-Sul e ARA-Norte). Dito fortalecemento ten como eixo fundamental a mellora do coñecemento do recurso e o aumento das capacidades técnicas, financeiras e de xestión das ARAs a través da consolidación dun Sistema de Información nacional do Recurso Hídrico (en diante SIRH) e da implantación de metodoloxías e procedementos de análise e cálculo innovadores. O SIRH actúa como eixo fundamental do fortalecemento, promovendo a mellora continua dos procesos, o uso das metodoloxías e modelos institucionais, mellorando a eficiencia de traballo dos técnicos e profesionalizando a toma de decisións das ARAs.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Admnistraçào Regional de Áugas do Sul (ARA-Sul)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique.

Específico: Fortalecer as capacidades técnicas das administracións rexionais  responsables do recurso hídrico en Mozambique e da DNGRH no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Consolidado a nivel nacional o Sistema de Información dos Recursos Hídricos que facilita a xestión do recurso hídrico das administracións públicas competentes.

A 1.1.1: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Inventario (xestión de estacións, fontes e presas).

A 1.1.2: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Utentes (xestión de usuarios demandantes de auga).

A 1.1.3: Seguimento do uso do SIRH na ARA-Sul e ARA-Norte.

A 1.1.4: Elaboración da liña base da fase VII do proxecto.

RE 1.2: Fortalecidas as capacidades das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique (ARA-Sul e ARA-Norte) na xestión do recurso hídrico a través da consolidación do SIRH.

A 1.2.1: Desenvolvemento de capacidades no emprego e aproveitamento do SIRH na ARA-Sul, ARA-Norte e as súas unidades de conca.

A 1.2.2: Actualización e ampliación do inventario de usuarios demandantes de auga na ARA-Sul e ARA-Norte.

A 1.2.3: Actualización e dixitalización do inventario de estacións, fontes e presas

da ARA-Sul.

A 1.2.4: Inventario automatizado de explotacións agrícolas de extensión media e grande e aplicación do método de estudo de demanda hídrica de cultivos.

A 1.2.5: Formación e sensibilización sobre o enfoque de xénero as ARAs.

A 1.2.6: Formación e sensibilización sobre o medio ambiente e as afeccións do cambio climático sobre os recurso hídrico ás ARAs.

RE 1.3: Impulsados procesos de sistematización de ferramentas para a xestión do recurso hídrico e creación de espazos de traballo e debate entre os titulares de dereitos, os titulares de responsabilidades e os titulares de obrigacións.

A 1.3.1: Xeración de canais de comunicación entre as ARAs e a DNGRH para unificar metodoloxías e procedementos sistematizados no SIRH, e encontro anual en Maputo.

A 1.3.2: Creación dunha páxina web para a difusión do traballo da ARA-Norte e o SIRHAN: Visor web.

A 1.3.3 Seminario e apertura de espazos de traballo entre os titulares de obrigacións, os titulares de responsabilidades e os titulares de dereitos sobre a importancia da xestión integral da auga.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 449 persoas (108 mulleres e 341 homes) das 5 ARAs do país, aínda que as actividades se centren na ÁRA-Norte e ARA-Sul.

Indirecta: 17.496.879 persoas (5.153.410 mulleres e 4.659.254 homes), especialmente os habitantes das áreas de xurisdición da ARA-Norte e ARA-Sul a totalidade dos habitantes de Mozambique.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 165.463,00 €  (2020: 66.185,20 €;  2021: 99.277,80 €)