Proxectos

Fortalecemento das capacidades técnicas e materiais da Facultade de Ciencias Médicas da UNAH de Honduras para unha adecuada sensibilización e formación en saúde sexual e reprodutiva

Este proxecto pretende dar solución a un problema dentro da falta de educación integral de dereitos sexuais e reprodutivos da poboación que lles permita coñecer os seus dereitos evitando así a vulneración dos mesmos. En definitiva, preténdese fortalecer as capacidades técnicas e ao acceso de materiais das persoas da comunidade universitaria no campo das ciencias da saúde da Universidade Nacional Autónoma de Honduras.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Tegucigalpa (municipio)
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Facultade de Ciencias Médicas (FCM) da Universidade Nacional Autónoma de Honduras (UNAH).

Código CRS: 
13020 - Atención saúde reprodutiva
13030 - Planificación familiar
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar a saúde sexual e reprodutiva das adolescentes a través do fortalecemento de capacidades da Facultade de Ciencias Médicas da UNAH, en Tegucigalpa, Honduras.

Específico: Fortalecer as capacidades do persoal docente e estudantil de grao e posgrao de medicina e enfermería, para a sensibilización e formación en saúde sexual, reprodutiva salientando parto humanizado en adolescentes con embarazo temperán forzado, cun enfoque de xénero e de dereitos humanos, coa Facultade de Ciencias Médicas da UNAH en Tegucigalpa, Honduras.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Desenvoltos procesos de sensibilización en saúde sexual e saúde reprodutiva, para a atención integral das adolescentes con embarazo temperán forzado, con persoal docente e estudantil de medicina e enfermería.

            A1.1.1 Establecer un acordo de cooperación entre UTES da FCM – UNAH para o desenvolvemento do proxecto.

            A1.1.2 Realizar xornadas de sensibilización nos diferentes niveis das carreiras priorizadas sobre a saúde sexual e reprodutiva para a atención integral das adolescentes con embarazo temperán forzado.

            A1.1.3 Realizar xornadas de sensibilización sobre a violencia sexual en adolescentes e a súa implicación en maternidades temperás forzadas co persoal docente e estudantil das carreiras priorizadas en grao e posgrao.

            A1.1.4 Elaborar, deseñar e diagramar material informativo sobre a atención integral en saúde sexual e reprodutiva das adolescentes con embarazo temperán forzado en coordinación con UTES.

            A1.1.5 Socializar e difundir nos diferentes espazos de aprendizaxe da FCM – UNAH, Hospital Escola Universitario os materiais informativos para a atención integral das adolescentes con embarazo temperán forzado.

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades do persoal docente e estudantil das carreiras priorizadas sobre saúde sexual, reprodutiva, salientando na abordaxe do parto humanizado a adolescentes con embarazo temperán forzado.

            A1.2.1 Elaboración dun diagnóstico de necesidades en materia de formación en coordinación con UTES da FCM – UNAH con persoal docente e estudantil das carreiras priorizadas para a implementación do parto humanizado en adolescentes con embarazo temperán forzado.

            A1.2.2 Dotación de equipamento e insumos para avanzar no establecemento dunha sala de simulación clínica do parto humanizado con UTES para o uso do persoal docente e estudantil das carreiras priorizadas, a nivel de grao e posgrao.

            A1.2.3 Revisar, actualizar e/ou elaborar o manual de formación sobre saúde reprodutiva facendo énfase en parto humanizado, en coordinación cos departamentos de xinecoloxía e obstetricia, UTES das carreiras priorizadas.

            A1.2.4 Realizar talleres sobre saúde reprodutiva facendo énfase do parto humanizado en adolescentes con embarazo temperán forzado nos diferentes niveis das carreiras priorizadas a nivel de grao e posgrao.

RE 1.3 Aumentada a xestión do coñecemento sobre as condicións nas que acceden a servizos de saúde sexual e saúde reprodutiva as adolescentes embarazadas, permitindo o dialogo e análise desde o ámbito académico para a incidencia política no marco dos seus dereitos.

            A1.3.1 Realizar unha investigación sobre as brechas existentes no ámbito académico para a abordaxe da saúde sexual e reprodutiva das adolescentes con embarazo temperán forzado, que permita xerar espazos de dialogo e reflexión.

            A.1.3.2 Impulsar espazos de debate, análise, entre docentes, estudantes das carreiras priorizadas sobre a abordaxe ás adolescentes con embarazo temperán forzado.

            A1.3.3 Desenvolver un intercambio entre as carreiras priorizadas coa Universidade de San Carlos de Guatemala, Universidade do Salvador e as Universidades españolas de maneira particular con Sevilla e de Galicia, sobre as experiencias no parto humanizado desde a academia.

            A1.3.4 Elaborar unha sistematización da intervención como primeira experiencia na abordaxe do parto humanizado en adolescentes con embarazo temperán forzado desde a academia, que permita recompilar leccións aprendidas e boas prácticas para unha segunda fase e/ou sustentabilidade da acción.

Poboación beneficiaria: 

Directa: As adolescentes cun embarazo temperán forzado usuarias dos servizos de saúde, persoal docente das carreiras de medicina e enfermería a nivel de grao e posgrao, estudantes das ciencias da saúde, autoridades universitarias que son alcanzadas polas accións de sensibilización e formación. Un total de 3.995 persoas, das cales son 1.295 homes, 2.675 mulleres e 25 adolescentes mulleres.

Indirecta: Persoal en saúde de maneira xeral que traballa no Hospital Escola Universitario (HEU), poboación en xeral que acoden aos servizos de saúde do HEU. En total 19.000 persoas, das cales 8.000 son homes, 9.500 mulleres, 500 adolescentes homes e 1.000 adolescentes mulleres.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 132.245,56 € (2021: 52.898,22 € ; 2022: 79.347,34 €)