Proxectos

FORTALECEMENTO DAS LIÑAS DE DESENVOLVEMENTO PRODUTIVO E SAÚDE COMUNITARIA DO PROGRAMA INTEGRAL DE MELLORA DO BARRIO DE SANTA LUCIA/ LA MOSCA

O obxecto do proxecto é fortalecer as liñas de desenvolvemento produtivo e de saúde do Programa Integral para a Mellora do Barrio de Santa Lucía/ La Mosca en Santiago de los Caballeros, financiado pola Xunta de Galicia dende o ano 2008.
Na liña de desenvolvemento produtivo, o presente proxecto ten o obxectivo de mellorar as condicións de acceso e permanencia ó emprego dos traballadores informais do vertedoiro de Rafey y do Barrio de la Mosca – Santa Lucía, mediante o desenvolvemento e validación do Plan Empresarial da Planta de Reciclaxe de Residuos que está instalándose no barrio. Mediante o desenvolvemento da citada actividade, asegurarase o óptimo funcionamento da planta, así como que os traballadores que actualmente actúan como “buzos/recicladores" no vertedoiro, poidan acceder a un traballo digno, con condiciones laborais de seguridade e salubridade adecuadas e con unhas condicións de contratación formais, saíndo das condicións de informalidades nas que actualmente se atopan.
Período de execución: xullo 2010 - novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santo Domingo (provincia)
Axentes: 
SERVIGUIDE S.L.
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Ayuntamiento de Santiago de los Caballeros
Cámara de Comercio y Producción de Santiago, Inc.
Fundación de Desarrollo Loma y Salud, Inc

Código CRS: 
120 - Saúde
32120 - Desenvolvemento industrial
Obxectivos: 

Melloradas as condicións de desenvolvemento económico, social e sanitario da poboación do Barrio de Santa Lucía/ La Mosca e do vertedoiro de Rafey

Resultados e actividades: 

• Validación do plan empresarial mediante o apoio na implantación deste.
• Reunións semanais presenciais coas doutoras e as promotoras de saúde comunitaria para a programación das actividades e redacción de actas de reunión.
• Redacción de informes técnicos da xestión sanitaria do barrio.
• Identificación de 30 mozos como animadores de saúde comunitaria.
• Deseño, desenvolvemento e impartición de xornadas formativas sobre a problemática nacional e local de saúde, sobre dereitos e servizos do sistema nacional e local de saúde e sobre habilidades e destrezas para a orientación e promoción de saúde comunitaria dirixidas aos animadores de saúde comunitaria.
• Deseño dun cadro de mando, que recolla a batería de indicadores necesaria para a análise da información da liña base de saúde. Deseño e desenvolvemento dunha base de datos para a recollida, almacenamento, análise e obtención da información derivada da análise destes indicadores.
• Redacción de informes técnicos da xestión sanitaria do barrio.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 489 familias do barrio de Santa Lucía-La Mosca, integradas por un total de 2.445 persoas aproximadamente, e 466 persoas que traballan como recicladoras de residuos (mergulladores) no vertedoiro de Rafey. Un total de 3,045 beneficiarios directos.
Indirecta: Poboación residente en barrios próximos a Santa Lucía-La Mosca, todas as organizacións sociais da cidade de Santiago de los Caballeros e as instancias do concello municipal que participan no proxecto.

Axudas: 

290.375,34€ (2010: 145.187,67€ - 2011: 145.187,67€)