Fortalecemento de capacidades en innovación tecnolóxica acuícola pesqueira, xestión socio económica con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental no litoral de Sechura (Piura, Perú)
A proposta que presentase nace da necesidade de 18 asociacións de pescadores mariscadores das caletas do litoral de Sechura (Piura, Perú), de dar continuidade ós procesos de innovación tecnolóxica promovendo a diversificación acuícola, as boas prácticas produtivas e sanitarias e inclusión socioeconómica, a sostenibilidade ambiental e o desenvolvemento organizacional e comercial.
ONG Escuela Campesina de Educación y Salud - ESCAES
Obxectivo xeral: Fortalecer o desenvolvemento produtivo e innovación tecnolóxica na actividade dos pescadores mariscadores e as súas familias con equidade de xénero, fomentando a xestión socioeconómica nas súas asociacións, garantindo a sostenibilidade dos recursos pesqueiros con boas prácticas sanitarias e coidado do medio ambiente.
Obxectivo específico: Fortalecer capacidades en innovación tecnolóxica acuícola pesqueira, xestión socioeconómica con enfoque de xénero e sostenibilidade ambiental no litoral de Sechura.
Resultados.1.1 Pescadores mariscadores capacitados en innovación tecnolóxica con equidade de xénero, diversifican os seus cultivos, con boas prácticas sanitarias, de inmersión e coidado do medio ambiente asegurando a sostenibilidade e calidade dos recursos orientados ó mercado.
Actividades
A.1.1.1 Fortalecemento de capacidades técnico-produtivas en temas de, normatividade sanitaria, sostenibilidade ambiental y manexo de residuos reciclables. 3 obradoiros/ 20 persoas/ 1 día.
A.1.1.2 04 Obradoiros sobre diversificación da actividade acuícola, das especies polbo, macroalgas, concha de abanico e ameixa fina; orientados a 20 pescadores mariscadores das caletas do litoral de Sechura. 4 obradoiros/20 persoas/1 día.
A.1.1.3 Instalación de 3 módulos de cultivo das especies polbo, macroalgas e concha de abanico e manexo do recurso ameixa fina, en 4 asociacións de pescadores mariscadores.
A.1.1.4 Orientación documental na actividade acuícola.
A.1.1.5 Fortalecemento da Rede de Monitorio Ambiental e Biolóxico e emisión de alertas temperás ante a presenza do fenómeno natural.
A.1.1.6 Obradoiros sobre innovación tecnolóxica nas actividades produtivas das asociacións de pescadores mariscadores.
A.1.1.7 Organización e execución do I Curso de Mergullo artesanal e Prevención de Riscos de Accidentes por Inmersión.
Resultados.1.2 Pescadores mariscadores capacitados e fortalecidos con equidade de xénero garanten e aportan produtos de calidade orientados ó mercado local, nacional e internacional.
Actividades
A.1.2.1 Desenvolvemento de capacidades na xestión socio económica e oportunidades de exportación.
A.1.2.2 Obradoiro sobre procesamento primario de recursos pesqueiros.
A.1.2.3 Comercialización de produtos mariños con valor engadido, orientados ó mercado local e rexional.
Resultados.1.3 Fortalecidas as capacidades dos líderes e membros das asociacións de pescadores mariscadores con equidade de xénero e responsabilidade social na xestión de pequenos emprendimientos produtivos.
Actividades
A.1.3.1 Obradoiro sobre igualdade de dereitos.
A.1.3.2 Obradoiros sobre motivación liderazgo e responsabilidade social.
A.1.3.3 Obradoiros sobre organización de empresas pesqueiras e asociatividade.
A.1.3.4 Desenvolvemento de capacidades en artesanía mariña en mulleres pescadoras mariscadoras do litoral de Sechura.
Directa: 540 pescadores-maricultores organizados en 18 Asociacións e as súas familias (aproximadamente 2.430 persoas); os comités de desenvolvemento comunal, AMAPAFAS (Asociacións de Madres e Padres de Familia) y CONEIs (Consejos Educativos Institucionales) de las Institucións Educativas (154 persoas); 11 Institucións Educativas dos niveis inicial, primaria e secundaria: cun estimado de 1.548 persoas e 46 profesores; 36 promotores que encárganse do monitorio da Rede Ambiental, 10 líderes e 10 autoridades da comunidade. Total: 3.060 persoas.
Indirecta: Poboación total das 5 caletas, aproximadamente 9.536 persoas adicionais, e poboación do distrito de Sechura, aproximadamente 21.500 persoas. Total. 31.036 persoas.
209.958,00 € (2015: 104.979,00 €; 2016: 104.979,00 €)