Proxectos

Fortalecemento de capacidades intersectoriais públicas e comunitarias para previr eventos epidémicos asociados á calidade de auga no departamento da Unión, O Salvador

A intervención incide nos factores que vulneran e limitan o exercicio do dereito á saúde, á auga e a un medio ambiente saudable no departamento de La Unión, a través dunha estratexia de fortalecemento das capacidades dos actores institucionais e comunitarios para impulsar unha acción articulada e complementaria que responda desde a gobernanza inclusiva e equitativa, e con eficiencia e eficacia, aos retos de control da calidade da auga, a abordaxe epidemiolóxica e a prevención da incidencia da morbimortalidad asociada a enfermidades transmisibles. Mellórase o coñecemento da calidade da auga e prevalencia de enfermidades, mellórase a propia calidade da auga e fortalécese a capacidade institucional de identificación e notificación de enfermidades.

La Unión está catalogada no grupo de “maior” vulnerabilidade ao cambio climático como resultado da súa especial exposición e sensibilidade á variación térmica e pluviométrica, do impacto dos devanditos cambios sobre o medio físico e natural e da limitada capacidade adaptativa local. Tales dinámicas están a provocar, entre outros efectos, unha significativa redución da dispoñibilidade de áreas de cultivo.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
La Unión (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud (ASPS) e Fundación Salvadoreña para la Promoción Social y el Desarrollo Económico (FUNSALPRODESE)

Código CRS: 
14081 - Educación e formación en abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde da poboación vulnerable do departamento de La Unión.

Específico: Fortalecer a capacidade do sistema salvadoreño de saúde para garantir a calidade da auga e previr enfermidades de transmisión hídrica no departamento de La Unión.

 

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorado o coñecemento da calidade da auga e a prevalencia de enfermidades de transmisión hídrica no departamento de La Unión.

A.1.1.1 Liña de base: Mapeo e diagnóstico dos servizos de Auga Potable e Saneamento (SAPS) nos 8 distritos do municipio de La Unión Sur.

A.1.1.2 Estudo da calidade da auga dos SAPS nos 8 distritos do municipio de La Unión Sur.

A.1.1.3 Estudo de coñecementos, actitudes e prácticas en prevención de enfermidades de transmisión hídrica.

A.1.1.4 Dotación de insumos para control de calidade da auga.

A.1.1.5 Plan de capacitación con xestores/as da calidade da auga e a prevención epidemiolóxica

A.1.1.6 Elaboración, validación e socialización dun protocolo de vixilancia da calidade da auga en SAPS do departamento da e La Unión.

RE 1.2 Mellorada a calidade da subministración de auga nos Sistemas de Auga Potable e Saneamento da Unión Sur priorizados polas súas deficiencias e alta vulnerabilidade a enfermidades transmisibles.

A.1.2.1 Deseño do plan de mellora da calidade da auga en SAPS do municipio de La Unión Sur priorizados pola súa especial vulnerabilidade.

A.1.2.2 Rehabilitacións e equipamento para a mellora dos SAPS priorizados.

A.1.2.3 Implementación de plan intersectorial de vixilancia da calidade da auga no municipio de La Unión Sur.

A.1.2.4 Instalación de mecanismo de vixilancia de calidade de auga para SAPS rurais afastados.

A.1.2.5 Fortalecemento técnico das Xuntas de Auga do municipio de La Unión Sur para o cumprimento das súas funcións.

A.1.2.6 Campaña de promoción e educación en prevención epidemiolóxica e mellora da calidade da auga.

RE 1.3 Fortalecida a capacidade institucional de identificación e notificación de enfermidades transmisibles de interese sanitario co concurso do sistema de vixilancia epidemiolóxica comunitaria.

A.1.3.1 Actualización e implementación da Estratexia de Vixilancia Epidemiolóxica Comunitaria (VECO) no departamento de La Unión.

A.1.3.2 Capacitación en saúde e xénero con persoal notificador do VECO do municipio de La Unión Sur.

A.1.3.3 Equipamento a persoal notificador do VECO do municipio de La Unión Sur.

A.1.3.4 Xornadas educativas e de saúde ambiental para a prevención sanitaria no municipio de La Unión Sur.

A.1.3.5 Encontros intersectoriales de análises e de devolución de resultados VECO e seguimento do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa:  78.463 (43.387 mulleres/nenas, 35.076 homes/nenos)

Indirecta: 74.551(39.957 mulleres/nenas, 33.964 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)