Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA - MOZ)
A xestión dos recursos hídricos e o fortalecemento das administracións responsables é unha prioridade en Mozambique. O desenvolvemento de actividades que vinculen melloras técnicas e procesos de xestión nun mesmo plan de acción foi identificado como unha formulación de éxito na cooperación galega coa administración da auga de Mozambique.
No marco de loita contra o cambio climático, co presente proxecto desenvólvense metodoloxías, a nivel técnico e de procedementos, para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique. Con ese fin, AdG e a UdC, traballan apoiando ao ARA Sul, ARA Norte e a Universidade Eduardo Mondlane en dúas liñas complementarias: Eventos extremos e xestión de encoros e asignación de auga.
As accións identificadas céntranse no fortalecemento de capacidades -na administración e na universidade- á vez que se desenvolven ferramentas técnicas e de xestión. A formulación do proxecto pon énfase na replicabilidade das accións en todo o país co obxectivo de que os beneficiarios locais sexan, progresivamente, os protagonistas da transferencia de coñecemento a outras administracións mozambicanas.
Para iso, o proxecto se base no enfoque learning by doing en contraposición a accións nas que se implementa unha actividade ou se entrega un produto sen a debida apropiación e capacidade de desenvolvemento por parte dos beneficiarios. De acordo con isto, os traballos, metodoloxías e procesos a implementar, na liña de calquera acción orientada á loita contra o cambio climático, requiren un marco temporal que vai máis aló dos dous anos de duración deste proxecto. Tendo isto en conta trabállase cun enfoque temporal mínimo de catro anos (2019-2022) prorrogables no futuro, cunha visión na que AdG e a UdC poidan ser actores crave no impulso da transferencia de coñecementos desde as administracións da auga e as universidades mozambicanas.
As accións do presente proxecto deseñáronse, e execútanse, en coordinación coas autoridades holandesas da auga no marco do programa Blue Deal. No devandito programa, liderado polas autoridades holandesas da auga, e do que AdG forma parte do comité de seguimento, traballarase durante o próximos catro anos para fortalecer á administración da auga mozambicana. A colaboración entre Galicia e Holanda realizarase no marco do protocolo de colaboración que AdG mantén co seu homólogo holandés para o desenvolvemento de accións conxuntas de cooperación internacional.
Obxectivo Xeral: Contribuír á prevención e mitigación dos impactos do cambio climático en Mozambique en relación aos impactos derivados de eventos hidrolóxicos extremos e a escaseza de auga.
Obxectivo Específico: Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos con enfoque de conca en Mozambique, con énfase nos eventos extremos, a xestión de infraestruturas e a asignación de auga.
RE1: Consolidada e implementada unha metodoloxía para o monitoreo da seca
A1.1. Implantación na ARA Sul dunha metodoloxía para a utilización e actualización do Standard Precipitation Index e súa correlación con outros indicadores mediante ferramentas gratuítas.
A1.2. Implementación da metodoloxía de seguimento en concas piloto.
A1.3. Realización de acciones formativas presenciais sobre o monitoreo da seca.
A1.4. Acompañamento, presencial e a distancia, para a implementación da metodoloxía de monitoreo da seca e revisión dos resultados e análises.
RE2: Mellorados os procedementos de xestión dos eventos de seca.
- Acompañamento na implementación dos procedementos operativos internos vinculados ao monitoreo e xestión da seca.
- Diagnostico de procedementos de coordinación e comunicación con actores de interese (externos).
- . Deseño dun plan de procedementos externos de comunicación e coordinación vinculados aos eventos de seca.
RE3: Melloradas as metodoloxías de xestión de embalses e asignación de auga.
A2.1. Instrumentación e caracterización do embalse de Chipembe.
- Implementación dunha dinámica de monitoreo de embalses.
A2.3. Desenvolvemento inicial dun modelo para a asignación de auga.
Total 471: Homes (352), Mulleres (119).
No ARA Sul beneficiarase a un total aproximado dunhas 431 persoas (110 mulleres e 321 homes) incluíndo as unidades de conca. No ARA Norte beneficiarase directamente a unhas 31 persoas (6 mulleres e 25 homes) e no Departamento de Enxeñería Civil da UEM a 9 persoas (6 homes e 3 mulleres).
A poboación beneficiaria indirecta estímase de acordo coa poboación afectada de acordo coas concas de intervención. No río Limpopo 1.950.000 habitantes, no Incomati 500.0000 e no río Montepuez100.000 habitantes.
Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2019: 50.000 €; 2020: 125.000 €)