Proxectos

Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ SECARA 4ª FASE)

O presente proxecto Aqua-Moz, Secara 4ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozamibique, fortalecendo á Administración Rexional de Augas do Sur, á Administración Rexional de Augas do Norte e á Administración Rexional de Augas do Centro. Na terceira fase incluíuse como socio líder á asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Nas dúas primeiras edicións o deseño e implementación técnica fíxose baixo o liderado da UdC/ FUAC, que nesta terceira edición únicamente tivo presenza como entidade colaboradora, a través do Grupo de Enxeñería da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) pertenecente a esa universidade. Nesta 4ª Fase, consolídase o papel de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e incorpórase ao traballo en terreo ao ARA Centro, ampliando así o alcance da intervención.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Axentes: 
AUGAS DE GALICIA
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

Administración Rexional de Aguas do Sur (ARA Sul), Administración Rexional de Aguas do Norte (ARA Norte) e Administración Rexional de Aguas do Centro (ARA Centro)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á prevención e mitigación dos impactos do cambio climático en Mozambique en relación aos impactos derivados de eventos de seca.

Obxectivo específico: Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos con enfoque de conca en Mozambique, con énfase nos eventos de seca.

Resultados e actividades: 

RE 1. Desenvolvidas e implementadas metodoloxías para a vixilancia da seca e o estado de encoro.

                        A.1.1: Continuación da vixilancia integral en todo o territorio do ARA Sur.

                        A.1.2: Extensión da metodoloxía de vixilancia ás ARAS Norte e Centro

                        A.1.3: Realización de accións formativas e creación de capacidades sobre a vixilancia da seca.

                        A.1.4: Acompañamento na implementación da metodoloxía de vixilancia da seca e revisión de resultados e análises.

                        A.1.5: Control e avaliación do estado diario do almacenamento do encoro de Locumue nas proximidades da Cidade de Lichinga, provincia de Niassa, Norte de Mozambique

RE 2. Mellorados os procedementos de xestión dos eventos de seca.

                        A.2.1: Adaptación do manual de procedemento operativos para a xestión da seca do ARA Sul para a súa aplicación noutras Aras.

                        A.2.2 Visita a Galicia dunha responsable e un técnico do Departamento de Recursos Hídricos do ARA Sur

RE 3. Sensibilizada a poboación de Galicia sobre a problemática da seca

                        A.3.1. Sensibilización sobre a realidade mozambiqueña

                        A.3.2. Taller técnico sobre a vixilancia e xestión da seca en Mozambique

Poboación beneficiaria: 

Directa: No ARA Sul beneficiarase un total aproximado dunhas 431 persoas (110 mulleres e 321 homes) incluíndo as unidades de conca, e no Departamento de Enxeñería Civil da UEM a 9 persoas (6 homes e 3 mulleres).

No ARA Norte beneficiarase a un total aproximado dunhas 78 persoas (19 mulleres e 59 homes).

No ARA Centro beneficiarase a un total aproximado dunhas 85 persoas (20 mulleres e 65 homes).

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta estímase de acordo con a poboación afectada de acordo con os territorios baixo a xurisdición do ARA Sur (5,92 millóns), ARA Centro (10,88 millóns) do ARA Norte (15.4 millóns). Total: 30,20 millóns.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 125.000 € (50.000 € en 2023 e 75.000 € en 2024)