Proxectos

FORTALECEMENTO DE GRUPOS LOCAIS PARA O APROVEITAMENTO SOSTIBLE DO RECURSO PESQUEIRO E A VALORACIÓN E RESTAURACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS DA ILLA DE OMETEPE

Aumentar a valoración dos recursos pesqueiros e impulsar os procesos organizativos para a súa conservación e aproveitamento sostible.

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Ometepe
Rivas (departamento)
Axentes: 
INPESCA - INSTITUTO NICARAGUANO DA PESCA E ACUICULTURA
Código CRS: 
31310 - Política pesqueira e xestión administrativa
Obxectivos: 

Que ao finalizar o proxecto a poboación pescadora, comités comarcais e poboación en xeral coñezan da actividade pesqueira responsable e dos recursos naturais que posúe a zona costeira e lacustre da illa.
Contribuir ao ordeamento da actividade pesqueira na illa e convertilo nun proceso contínuo asumido polas alcaldías de Altagracia e Moyogalpa.
Fomentar a comercialización dos subprodutos da pesca para facer desta actividade unha actividade atractiva para as mulleres que a realizaban, ao dotalas das ferramentas precisas para que fagan da súa actividade unha actividade rentable.
Promover os valores ambientais e culturais da illa de Ometepe e fomentar a súa restauración e aproveitamento sostible.

Resultados e actividades: 

- Elaborar e distribuir manual popular de códicos de conduta para pescadoras e pescadores locais
- Asesorar técnicamente a pescadoras e pescadores e a poboación comerciante de produtos da pesca
- Desenvolver, publicar e distribuír unha investigación do estado dos recursos naturais nos ecosistemas costero e lacustre
- Elaborar o estudo de mercado da actividade pesqueira
- Apoiar a legalización de embarcacións menores
- Desenvolver unha campaña promocional para a carnetización de pescadoras e pescadores e obtención de permisos de pesca

Poboación beneficiaria: 

150 Pescadoras e pescadores de toda a illa, comerciantes, estudantes e docentes, municipalidades de Moyogalpa e Altagracia e a poboación da illa e turistas

Axudas: 

36180