Fortalecemento de grupos organizados para a Pesca Artesanal Sostible e a conservación dos recursos naturais na Isla de Ometepe, Fase II. Nicaragua
O proxecto "Fortalecemento de grupos organizados para a Pesca Artesanal Sostible e a conservación dos recursos naturais na Isla de Ometepe, 2ª Fase" desenvolverase na Isla de Ometepe, que pertence ao Departamento de Rivas, situado no sector suroeste da República de Nicaragua.
Nicaragua é o segundo país máis pobre de Latinoamérica, serve de ponte entre norte e sur, e está rodeado polos océanos Pacífico e Atlántico, que lle confiren a este pequeno país unha estratéxica posición no continente Americano. A xeografía de Nicaragua está marcada polos seus volcáns (máis de 40), grandes lagos e unha importante rede de áreas protexidas que salvagardan unha rica biodiversidade. A actividade económica que na actualidade achega máis divisas ao país é o turismo, por encima da exportación de carnes e café.
Fundación Entre Volcáns
Obxectivo xeral: Contribuír á redución da pobreza das comunidades pesqueiras e a protección da riqueza cultural e natural da Reserva da Biosfera da Isla de Ometepe.
Obxectivo específico: Reforzar as capacidades das cooperativas en termos organizativos, de participación e produtivas, para un mellor desenvolvemento pesqueiro ambientalmente sostible e con participación igualitaria da muller.
- Implementar un plan de fortalecemento. organizativo e administrativo das cooperativas e a Unión.
- Brindar acompañamento ás cooperativas de pesca para mellorar capacidades de autoxestión.
- Deseñar e implementar un plan de mellora da participación e incidencia das organizacións fronte á súa comunidade, Comisións e institucións.
- Crear capacidades de incidencia e participación das cooperativas.
- Fortalecer as 2 Comisións de Pesca Municipais de Ometepe.
- Formular plans de negocios para as cooperativas e a Unión de pescadores.
- Mellorar a cadea produtiva e de comercialización das cooperativas e a Unión de pescadores.
- Executar un plan de capacitación técnica e de mercado para o desenvolvemento empresarial.
- Desenvolver programa de capacitación para fomentar a igualdade de xénero.
- Favorecer a creación de espazos favorables para a igualdade de xénero nas comunidades; a través de campañas ou eventos públicos de maior alcance.
- Brindar oportunidades económicas a mulleres vinculadas ao sector pesqueiro e turismo.
- Restaurar e valorar os recursos naturais da Isla de Ometepe.
- Realizar campañas de educación para a sustentabilidade en centros de estudo.
- Fortalecer as capacidades institucionais e do sector pesqueiro para a xestión sostible dos recursos costeiros e lacustres.
Directa: 911 persoas (464 homes e 447 mulleres)
Indirecta: 3633 persoas (1715 homes e 1918 mulleres)
174.810,00 € (2011: 61.183,50 € - 2012: 113.626,50 €)