Fortalecemento de institucións académicas e de investigación en Cabo Verde como contribución ao desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño
O proxecto que ten presente os enfoques de xénero, ambiente e dereitos humanos, pretende contribuír ó desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño costeiro en Cabo Verde, a través do fortalecemento da capacidade e calidade da investigación e docencia do medio mariño. Por outra banda, o proxecto consolidará os resultados e produtos obtidos na fase anterior (fase I, 2012-13) e fortalecerá a aplicación da investigación ás necesidades de desenvolvemento sectorial, coa consolidación do Programa de Doctorado Marino en Cabo Verde e a formación dos seus docentes, investigadores e técnicos. Adicionalmente, fortalecerase a extensión do coñecemento universitario hacia o sector público-privado vinculado ó medio mariño costeiro.
Universidade de Cabo Verde (UniCV) e Instituto Nacional de Desenvolvimento das Pescas (INDP)
Obxectivo xeral: contribuír ó desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño costeiro en Cabo Verde.
Obxectivo específico: Fortalecer as institucións de investigación e académicas en Cabo Verde.
Resultado.1.1 Finalizada a tese de al menos 2 doutorandos iniciada na Fase I.
Actividades
A.1.1.1 Desenvolvemento das teses dos 4 doutorandos da Fase 1
Resultado.1.2 Iniciado o programa de formación de 2 doutorandos en temáticas do Programa de Doutorado de Cabo Verde (si se oferta no curso 2015-16) ou en Programa de Doutorado DO*MAR.
Actividades
A.1.2.1 Incorporación de 2 novos doutorandos ó Programa de Doutorado de Cabo Verde (o DO*MAR), para complementar as liñas de investigación definidas en dicho Programa na Fase I.
Resultado.1.3 Aplicado o programa de doutorado da UniCV deseñado na Fase I.
Actividades
A.1.3.1 Elaboración dun Plan operativo de traballo para a aplicación do Programa de Doutorado en Cabo Verde.
A.1.3.2 Misión institucional representantes UniCV e INDP ó CdM.
Resultado.1.4 Reforzadas as capacidades do persoal docente e investigador da UniCV, INDP e da Administración.
Actividades
A.1.4.1 Deseño e aplicación de 2 cursos de especialización dirixidos a 15 docentes e/ou investigadores e técnicos da administración por cada curso.
A.1.4.2 Asistencia a congresos internacionais e estancias en centros no estranxeiro.
Resultado.1.5 Fortalecida a capacidade de transferencia da investigación dende a Universidade e INDP en pro do desenvolvemento sectorial do país.
Actividades
A.1.5.1 Deseño e aplicación da estratexia de comunicación e transferencia entre UniCV e INDP e sector público- privado.
Directa: docentes e investigadores da Universidade de Cabo Verde e do Instituto Nacional de Desenvolvimento das Pescas y técnicos de la Administración que traballen no área mariño costeira, que participen de maneira directa nas actividades previstas. Tamén serán beneficiarios directos os xoves estudantes no ámbito de Ciencias do Mar da UniCV, xa que a través do reforzo de coñecementos dos docentes e investigadores de ambos centros e da aplicación do Programa de Doutorado mariño deseñado na Fase I, incrementarase non só a calidade da súa formación, senón tamén o nivel de formación dos estudios universitarios aos que terán acceso. Por outro lado, tamén son beneficiarios directos o proxecto, as empresas e institucións do sector mariño costeiro vinculadas ás accións de extensión e colaboración público –privada que desenvolveranse no proxecto.
Indirecta: Os beneficiarios indirectos do proxecto serán a poboación dependente do uso dos recursos do mar de Cabo Verde (en Cabo Verde en 2011, houbera 73 comunidades de pescadores, 3084 pescadores artesanais, 840 pescadores semi-industriais/industriais e 985 vendedoras de pescado), así como tamén as empresas e institucións involucrados tanto directa como indirectamente no sector mariño pesqueiro, debido á repercusión que terá a aplicación e definición de políticas e accións nas que interviren profesionais, docentes, e investigadores.
174.992,00 € (2015: 87.496,00 (2015) €; 2016: 87.496,00 €)