Fortalecemento de redes de apoio para a prevención e protección contra a violencia de xénero no contexto COVID-19. Guatemala
O proxecto pretende diminuír o impacto da violencia de xénero e mellorar a atención ás mulleres vítimas mediante a prevención a nivel comunitario e en centros educativos e o fortalecemento das capacidades do persoal que atende ás mulleres tanto a nivel de sociedade civil como das institucións. Fortalécense os centros educativos así como as asociacións de mulleres coa finalidade de concienciar e mitigar os efectos da violencia de xénero.
Asociación de Mujeres en Solidaridad - AMES
Xeral: Redución do impacto da violencia de xénero en San Marcos.
Específico: Mellorar os sistemas de protección para as mulleres vítimas de violencia de xénero.
RE 1.1. Fortalecidas as redes de apoio locais para a protección integral de mulleres vítimas de violencia de xénero
A.1.1.1 Farase unha revisión do modelo de intervención de AMES para a atención de mulleres vítimas de violencia coa adaptación ao contexto marcado polo COVID19, a través de 4 talleres con todo o equipo da organización na oficina de San Marcos.
A.1.1.2 En base ao modelo de intervención e ás necesidades de formación de AMES, deseñarase unha metodoloxía formativa para as promotoras dos 3 Municipios. Farase en 2 talleres e participará o equipo do proxecto e persoal de AMES.
A.1.1.3 En base á metodoloxía desenvolta, faranse 7 talleres de formación para as 25 novas promotoras de AMES nos 3 municipios de intervención.
A.1.1.4 AMES realizará espazos mensuais de articulación e coordinación co seu equipo en San marcos e as promotoras para dar seguimento ao modelo e á estratexia de acompañamento e garantir a súa coherencia coa estratexia global da organización.
A.1.1.5 En base ao modelo de intervención, á experiencia de acompañamento de casos de violencia de xénero e á formación a promotoras, levará a cabo o desenvolvemento e impresión dunha guía de acompañamento de casos como ferramenta de apoio para as promotoras.
RE 1.2 Mellorada a eficacia das redes institucionais para a atención integral de mulleres vítimas de violencia.
A.1.2.1 Na cabeceira departamental de San Marcos, AMES, co apoio de MPDL, terá reunións co Ministerio Público a nivel local para a presentación da estratexia deseñada e pedirase o seu apoio para o ingreso á REDAV.
A.1.2.2 A partir da formación recibida no R1, e co apoio do equipo técnico, as 25 promotoras formadas presentaranse ás instancias públicas e garantes da protección das mulleres e aos COMUDES a nivel local e comezarán a acompañar casos de violencia de xénero nos 3 Municipios.
A.1.2.3 As promotoras xunto ao equipo técnico de AMES deseñarán un sistema de rexistro que compartirán coa REDAV para dar seguimento aos casos de violencia de xénero.
A.1.2.4 Dentro da REDAV farase unha identificación das necesidades de formación das persoas que o compoñen, e en base á metodoloxía de MPDL para o fortalecemento das REDAV, levarán a cabo 4 talleres para 40 persoas en San Marcos.
A.1.2.5 Para fortalecer o papel das OSC nas REDAV e que AMES poida fortalecer o seu rol dentro da Rede, levará a cabo un encontro de intercambio de experiencias en atención e acompañamento de casos de violencia de xénero entre organizacións de distintos departamentos.
RE 1.3 Promovido o respecto aos dereitos, o acceso á xustiza e a non violencia contra as mulleres.
A.1.3.1 Como parte da estratexia de sensibilización, deseñaranse e publicarán materiais de promoción dos dereitos das mulleres e prevención de violencias para traballar en centros escolares.
A.1.3.2 AMES e MPDL en reunións co persoal docente de 7 centros dos 3 municipios, deseñarán e executarán 8 talleres para a prevención da violencia contra a muller co alumnado.
A.1.3.3 Poderosas Teatro levarán a cabo 4 representacións con mozas dos centros escolares, tentando que coincida con algún dos días internacionais onde se reivindican os dereitos das mulleres (8 de marzo, 25 de novembro e 10 de decembro). Despois de cada representación MPDL e AMES encargaranse de organizar o foro posterior coa mocidade e persoas referentes no tema.
A.1.3.4 Cos insumos do proxecto e a información xerada, MPDL con apoio de AMES deseñará unha campaña en radios comunitarias e redes sociais para dar a coñecer os servizos de AMES e para previr a violencia.
Directa: Un total de 3.055 persoas (1.420 mulleres 785 homes, 500 nenas e 350 nenos).
Indirecta: Un total de 5.980 persoas (2.870 mulleres, 1.913 homes, 479 nenos e 718 nenas).
Axuda Xunta de Galicia: 147.546,08 € (2021: 59.018,43 € ; 2022: 88.527,65 €)