Proxectos

FORTALECEMENTO DO DEPARTAMENTO DE COMERCIO XUSTO DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA: FORMACIÓN, INTRODUCIÓN EN EMPRESAS E INSTITUCIÓNS

OBXECTIVOS

Dotar a Solidariedade Internacional de Galicia dunha maior profesionalización a través da formación e da introdución de novos programas informáticos de xestión e da redacción dun Plan Estratéxico 2006-2010. Preténdese tamén favorecer o  impulso do Comercio Xusto en empresas e institucións públicas galegas
 

ACCIÓNS

- Realización por parte da empresa ALGALIA dunha análise estratéxica de Solidariedade Internacional de Galicia
- Compra e instalación de programas informáticos de xestión comercial, xestión de pedidos, xestión de almacén
- Deseño da campaña publicitaria para impulsar a introdución dos produtos de Comercio Xusto en empresas e institucións públicas galegas
- Maquetación e adaptación da imaxe da campaña de introdución dos produtos de Comercio Xusto en empresas e institucións  a través dos medios de comunicación
- Redacción , maquetación e impresión de 5.000 revistas informativas sobre a campaña de introdución dos produtos de Comercio Xusto en empresas e institucións
- Visita persoal de membros de Solidariedade Internacional Galicia a 150 empresas e institucións galegas

 

 

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Axudas: 

24.995 euros