Proxectos

FORTALECEMENTO DO DEPARTAMENTO DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL DE MÉDICOS DO MUNDO EN GALICIA

Impulsar e promover a participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento, así como fomentar a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega coas realidades dos pobos máis desfavorecidos

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Fortalecer a capacidade da base social activa de MDM-Galicia para a aplicación das políticas de descentralización na xestión dos proxectos de cooperación.Deseñar e executar campañas e actividades de incidencia política, mobilización cidadá, traballo en rede, sensibilización e educación para o desenvolvemento, adaptadas á realidade galega.

Resultados e actividades: 

-Execución do seminario de formación interna do persoal, socias e socios, voluntarias e voluntarios de MDM Galicia.-Execución do proxecto de sensibilización “FotogrÁfrica: vidas ao redor da Sida II” en alomenos oito vilas de tamaño pequeno e medio de Galicia.-Exposición das fotografías seleccionadas no XI Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria, nas cidades de Ourense e Lugo.-Participación activa e fomento das redes de cooperación galegas (especialmente na Coordinadora Galega de ONGDs ou o Foro Social Galego). -Participación activa nas campañas comúns relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento (como a Campaña Pobreza Cero ou a celebración do Día da SIDA). -Promover dende MDM-Galicia accións participativas de mobilización social, incidencia política e sensibilización. -Coordinar a rede de voluntarias e voluntarios do departamento de cooperación internacional de MDM-Galicia facéndolles partícipes dos proxectos que se estén a executar.

Axudas: 

17999