Fortalecemento do desenvolvemento económico das cooperativas que participan en 4 cadeas de valor incluíntes, aplicando enfoques de sustentabilidade, adaptación ao cambio climático e igualdade de xénero, da produción agropecuaria en zonas vulnerables ante a seca, de Las Segovias
O proxecto basease en experiencias previas que INPRHU – Somoto (socio local) e Amigos da Terra desenvolveron tanto no sector de intervención como no territorio en cuestión.
O Obxectivo Xeral da acción é “Contribuír co desenvolvemento sustentable das condicións socioeconómicas de produtores/as agropecuarios e pescadores/as, a través de procesos de produción con innovación, eficiencia, ambientalmente sustentables, con enfoque de xénero que melloren a adaptación e resiliencia ante o Cambio Climático de familias en zonas rurais vulnerables ante a seca de Las Segovias, Nicaragua” que está aliñado coas estratexias e políticas públicas para a redución da pobreza e de adaptación ao cambio climático nunha área prioritaria como é a rexión seca do país.
As actuacións planificadas van encamiñadas a aumentar a rendabilidade, incrementar a resiliencia ante o cambio climático e reducir brechas de xénero nas seguintes actividades produtivas clave para os pequenos/as produtores/as: graos básicos, café, hortaliza e apicultura.
Instituto de Promoción Humana – INPRHU Somoto
Obxectivo Xeral: Contribuír co desenvolvemento sustentable das condicións socioeconómicas de produtores/as agropecuarios e pescadores/as, a través de procesos de produción con innovación, eficiencia, ambientalmente sustentables, con enfoque de xénero que melloren a adaptación e resiliencia ante o Cambio Climático de familias en zonas rurais vulnerables ante a seca de Las Segovias, Nicaragua
Obxectivo Específico: Fortalecidas as capacidades produtivas, económicas, comerciais, organizativas e innovación de 5 Cooperativas e produtores/as individuais que participan en 4 cadeas de valor incluyentes aplicando enfoques de sustentabilidade, adaptación ao cambio climático e de igualdade de xénero na produción agropecuaria nas zonas rurais vulnerables ante a seca en 5 municipios de Las Segovias, Nicaragua.
Resultado.1.1: Mellorados os niveis de produtividade e resiliencia ante ao cambio climático dos sistemas de produción de 4 actividades agropecuarias impulsando a innovación, as boas prácticas produtivas, mellorando o control de recursos das mulleres e reforzando a seguridade alimentaria
A.1.1.1. Desenvolver Escolas de Campo para a transferencia de coñecementos, tecnoloxías e innovacións para o aumento da produtividade e adaptación ao cambio climático de cooperativas
A.1.1.2. Mellora de equipamento para impulsar innovacións e boas prácticas que aumenten a produtividade e reduzan a vulnerabilidade ante o cambio climático nas 4 actividades produtivas
A.1.1.3. Desenvolver innovacións e boas prácticas produtivas e ambientais (colleita, captura de auga e implementación de sistemas de rega en sector produtivo) para o aproveitamento sustentable da auga e redución da vulnerabilidade ante a seca.
Resultado.1.2: Mellorado o valor agregado de 3 actividades agropecuarias favorecendo a igualdade de xénero no acceso e control dos procesos de innovación na transformación e diversificación da produción
A.1.2.1. Desenvolver estudos e levantar liña de base sobre a eficiencia enerxética en 2 plantas de procesamento mel e café.
A.1.2.2. Brindar formación en cooperativas asociadas a plantas de procesamento para mellorar as súas capacidades de innovación na produción máis limpa.
A.1.2.3. Brindar asistencia técnica e equipamento para favorecer unha maior eficiencia ambiental e un maior valor agregado aos produtos de 2 plantas de procesamento.
Resultado.1.3: Mellorada a xestión económica, empresarial e organizativa de pequenos e medianos produtores organizados de 3 actividades agropecuarias contribuíndo á redución de desigualdades de xénero
A.1.3.1. Fortalecer as capacidades organizativas de cooperativas..
A.1.3.2. Fortalecer capacidades de cooperativas para identificar oportunidades en mercados xustos e para favorecer unha maior participación das mulleres neste elo da cadea de valor.
A.1.3.3. Mellorar a participación das mulleres na toma de decisión e control de recursos dentro das cooperativas
Directa: Unhas 416 persoas, das cales 151 son mulleres e 265 homes. De forma máis desagregada:
· Produtores/as de café: 16 socios produtores de café da Cooperativa de Jóvenes Emprendedores (LA ORQUIDIA) do municipio de Las Sabanas (6 das cales son mulleres); 25 socios (7 mulleres) da Cooperativa de cafetaleros San Antonio RL do Municipio de San e 25 socios (4 mulleres) da Cooperativa Multisectorial de cafetaleros de Mozonte R.L do municipio de Mozonte.
· Produtores/as de horta: 100 produtores/as de horta (56 mulleres) para a seguridade alimentaria familiar que pertencen aos Municipios de Somoto, San Lucas e Totogalpa.
· Produtores/as de graos básicos : 100 produtores/as (40 mulleres) independentes de Graos Básicos dos municipios de Somoto, San Lucas e Totogalpa.
·Apicultores/as : 44 socios/as (12 mulleres) da Cooperativa Multisectorial de Jóvenes Emprendedores Rurales de Madriz (COMJERUMA) e 17 socios/as (4 mulleres) da Cooperativa Multifuncional de Apicultores de Platanares Limay. (COOMUAP R.L.) e 89 apicultores/as independentes (22 mulleres) dos Municipios de Estelí e Santa María.
Indirecta: Unhas 11.384 persoas, das cales 3.678 son mulleres e 7706 homes.
175.000,00 € (2017: 70.000,00 €; 2018: 105.000,00 €)