FORTALECEMENTO DO SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICA EN DÚAS MOUGHATAAS PERIURBANAS DE NOUAKCHOTT A TRAVÉS DA MELLORA DOS SERVIZOS DE SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA E DA ATENCIÓN Á INFANCIA
O obxectivo do proxecto é garantir a accesibilidade e dispoñibilidade dos servizos de saúde sexual e reprodutiva (SSR) e de atención á infancia en dúas moughataas periurbanas de Nouakchott (Arafat e El Mina)
Ministerio de Saúde e Asuntos Sociais/ Programa de Saúde Reprodutiva
Xeral:
Garantir o dereito á saúde dos habitantes dos barrios periféricos de Nouakchott.
Obxectivos específicos:
Garantir o acceso e a dispoñibilidade dos servizos de saúde sexual e reprodutiva e de atención á infancia aos habitantes dos barrios periféricos de Nouakchott
- Formación en vixilancia sanitaria e epidemioloxía aplicada á saúde pública.
- Deseño e implantación xunto co ministerio dun sistema de referencia e contra referencia dende o nivel comunitario.
- Formación dos axentes ColVol (persoas colaboradoras voluntarias de saúde da área xeográfica de intervención) de SSR/ persoal sanitario na utilización do sistema.
- Dotación dunha provisión semente de medicamentos.
- Consolidación da programación de dotacións trimestrais segundo consumos mensuais.
- Incidencia política co fin de mellorar o sistema de xestión.
- Diagnóstico e estudo inicial das estruturas a rehabilitar das infraestruturas de saúde das moughatas (Centros de saúde de tipo A e B e os seus laboratorios).
- Elaboración dos proxectos de execución dos centros a rehabilitar.
- Execución das obras.
- Análise de necesidades e dotacións en materia de equipamento dos centros de saúde.
- Módulo de capacitación sobre uso e manexo do partograma, sobre coidados inmediatos ao recén nacido e á nai.
- Formación en saúde sexual e reprodutiva (SSR).
- Promoción en todo o persoal de saúde respecto ás normas de atención prenatal con enfoque á prevención das ETS, e da transmisión vertical nai-fillo do VIH (PTMH).
- Promóvese o rexistro obrigatorio dos exames de laboratorio (hemoglobina, hematocrito, xeneral de ouriños, R.P.R/V.D.L.R, grupo sanguíneo, factor Rh, glicemia, sífilis).
- Promóvese a consellaría VIH/SIDA para efectuar seroloxía voluntaria do VIH en embarazadas.
- Coordínase coa responsable da Rede de Laboratorio Departamental da Dirección Rexional de Acción Social a dotación regular de reactivos e insumos necesarios.
- Elabóranse cuñas radiais promovendo o parto institucional, a atención pre e post natal.
- Realízanse formacións nas normas de atención integral e a prevención e a atención das enfermidades prevalentes na nenez menor de cinco anos.
- Realízanse formacións aos ColVol da estratexia AEIPI (atención integral ás enfermidades prevalentes na infancia) e a estratexia AIN-C (atención integral ao neno na comunidade).
- Actívanse os CREN (Centros de recuperación e educación nutricional) realizando formacións ao persoal e equipándoos.
- Defínese unha estratexia de capitación de colaboradores/as voluntarios de saúde.
- Créase unha rede.
- Difúndense mensaxes de prevención en cuñas radiais e promóvense os servizos de saúde e a prestación de servizos dirixidos á nenez menor de cinco anos.
- Realízase coa axuda da ONG local AEDM a selección de 8 madrazas, nas cales se realiza unha avaliación de necesidades en dous anos.
- Negóciase e condiciona a rehabilitación á apertura dun ciclo de educación para a saúde nos nenos, adolescentes e mozos adultos talibés (alumnos do Corán).
- Realízanse os traballos de rehabilitación e equipamento necesarios para mellorar as condicións de vida dos mozos e nenos.
- Trabállase sobre o dereito á saúde e as modalidades de atención primaria para os nenos, adolescentes e mozos adultos talibés.
- Negóciase tanto coas autoridades de saúde como cos marabouts (mestres do Corán) para asegurar revisións medicas trimestrais como mínimo, e cada vez que a saúde do individuo o require.
- Iníciase ou completa o cadro de inmunización de cada neno, adolescente e mozo adulto talibés
Directa: 210.795 persoas
Indirecta: 299.000 persoas
655.947,12 euros (2009: 196.784,14 €, 2010: 229.581,49 €, 2011: 229.581,49 €)