Proxectos

FORTALECEMENTO DO SISTEMA PÚBLICO SANITARIO E DA XESTIÓN LOCAL EN SAÚDE DA ÁREA MATERNO-INFANTIL DO HOSPITAL NACIONAL XERAL

Preténdese dar apoio ás medidas de mellora e reforma na xestión da sanidade a nivel de xestión intrahospitalaria, analizando e actuando sobre a distribución dos recursos, a planificación asistencial, a mellora nos procesos de prestación de servizo asistencial e non asistencial, o control da satisfacción do paciente, o papel da muller no sistema sanitario, e a mellora das infraestruturas sanitarias, entre outros aspectos

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Sonsonate (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Dirección Rexional de Saúde Occidental (DRSO), Ministerio de Saúde Pública e Asistencia Local

Código CRS: 
15164 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Fortalecer o sistema público sanitario e mellorar a xestión local en saúde do Hospital Nacional Xeral "Dr. Jorge Mazzini Villacorta" na República do Salvador

Resultados e actividades: 

- Xornadas de capacitación.
- Conformación do Consello Técnico de Calidade.
- Análise e diagnóstico da situación de partida da área materno-infantil do centro en relación á planificación, xestión, organización, papel da muller no sector, equidade de acceso aos servizos, control calidade asistencial, equipos e prestación do servizo asistencial á poboación de Sonsonate.
- Deseño, desenvolvemento e implantación do plan de acción orientado a: planificación recursos técnicos e materiais, xestión prestación servizo asistencial, control tratamentos asistenciais en pacientes, plans de igualdade representatividade dos mulleres, protocolizar procesos asistenciais, xestión e control administración fármacos; control e mantemento dispositivos de medición e seguimento, satisfacción dos pacientes, para a área materno-infantil do HNG de Sonsonate.
- Realización do proceso de avaliación e seguimento da área materno-infantil do HNG de Sonsonate, a través da definición e implantación dun protocolo de avaliación, do grao de cumprimento do plan de acción de mellora definido.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1863 persoas (1149 mulleres)

Axudas: 

45236