FORTALECEMENTO DO TRABALLO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E SENSIBILIZACIÓN DE ACPP GALICIA
O plan de mellora a desenvolver por ACPP Galicia desde 2008 céntrase en 4 eixes fundamentais:
1. Mellora da capacidade de xestión de ACPP Galicia, na identificación, deseño, execución, seguimento técnico e administrativo e avaliación de proxectos, enfocado na formación continua e reciclaxe dos técnicos e socios de ACPP Galicia na xestión do ciclo de proxecto, en áreas de especial sensibilidade para a delegación como saúde, seguridade alimentaria, pesca e axuda humanitaria.
2. Mellora da área de educación para o desenvolvemento, sensibilización e comunicación de ACPP Galicia enfocado en mellorar, por unha banda, a capacidade de transmitir a mensaxe á poboación, adquirindo capacidades para o deseño e a análise dos materiais usados para a sensibilización e a educación para o desenvolvemento, e por outra, o traballo de difusión nos medios de comunicación galegos, o que está apoiado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).
3. Mellora nas actividades de fomento do voluntariado e da participación cidadá, para o que está en marcha un plan para dinamizar os socios co fin de buscar que se involucren nas actividades de sensibilización, proceso de formación aberto a todos os/as socios/as de ACPP Galicia.
4. Fortalecer o traballo en rede de ACPP Galicia, especialmente o relacionado coas comisións de traballo da Coordinadora Galega de ONGD, outras ONGD galegas e outros axentes de cooperación.
Período de execución: setembro 2010 – xuño 2011
Contribuír ao fortalecemento da capacidade de xestión do equipo da Asemblea de Cooperación pola Paz Galicia e da súa rede de apoio
- Contratación de formación especializada e adaptada ás necesidades.
- Realización dun curso sobre o proceso de identificación en proxectos de educación para o desenvolvemento e sensibilización.
- Realización dun curso sobre a introdución do enfoque de xénero nos proxectos de educación para o desenvolvemento e sensibilización.
- Realización dun curso sobre edición e revisión de materiais de educación para o desenvolvemento e sensibilización.
- Realización dunha análise dos materiais educativos e de sensibilización de ACPP Galicia.
- Obradoiros de revisión bibliográfica e discusión para a realización dunha guía de educación en valores.
- Realización da guía de educación en valores de ACPP Galicia.
12.895,50€ (2010: 5.158,20€ - 2011: 7.737,30€)