FORTALECEMENTO DOS DEPARTAMENTOS DE COOPERACIÓN E MOBILIZACIÓN SOCIAL DE MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Impulsar e promover a participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento, así como fomentar a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega coas realidadades dos pobos máis desfavorecidos.
Fortalecer a capacidade da base social activa de Médicos do Mundo Galicia para a aplicación das políticas de descentralización na xestión dos proxectos de cooperación, mellorando a integración operacional da compoñente sensibilización nos proxectos, e tamén a visibilización en Galicia das problemáticas identificadas polos equipos de Médicos do Mundo no terreo. Deseñar e executar campañas e actividades de incidencia política, movilización da cidadanía, traballo en rede, sensibilización e educación para o desenvolvemento, adaptadas á realidade galega
- Execución do seminario de formación interna do persoal, socias e socios, voluntariado de MDM Galicia, para mellorar os aspectos técnicos das diferentes fases dos proxectos de sensibilización, técnicas de comunicación externa e relación cos medios de comunicación.
- Revisión e adaptación á realidade galega e execución do proxecto de sensibilización “FotogrÁfrica: vidas ao redor da SIDA”, polo menos en dez vilas de Galicia
- Execución en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela dun módulo de “Xénero e Desenvolvemento”
- Participación activa e fomento das redes galegas de cooperación galegas, especialmente na Coordinadora Galega de ONGDs
- Participación activa nas campañas comúns relacionadas coa cooperación para o desenvolvemento
- Coordinar a rede de voluntariado do departamento de cooperación internacional de MDM Galicia, facéndolles partícipes dos proxectos que se executen
18000