Proxectos

Fortalecemento dos medios de vida sostibles e resilientes ao cambio climático nas comunidades rurais de Namaacha, Boane e Moamba mediante a integración innovadora da horticultura, acuicultura e pesca artesanal, con enfoque de xénero e mellorando a seguridade alimentaria, Mozambique.

O proxecto ten como obxectivo promover medios de vida resilientes ao cambio climático mediante a integración innovadora de horticultura, acuicultura e pesca artesanal, con un enfoque de xénero. Busca fortalecer as capacidades técnicas, organizativas e produtivas das comunidades, especialmente de mulleres e mozos, mellorando a seguridade alimentaria e promovendo a sustentabilidade ambiental. O proxecto céntrase en tres liñas prioritarias: fortalecemento de capacidades, sustentabilidade climática da pesca artesanal e mellora da inserción económica. Cunha duración de 18 meses, beneficiará directamente a 902 persoas, cun impacto indirecto de 4.510 persoas, contribuíndo ao desenvolvemento económico, social e ambiental da rexión.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Maputo (provincia)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Fundación Ayuda en Acción - Mozambique

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Xeral: Impulsar medios de vida sustentables e resilientes ao cambio climático en comunidades rurais de Namaacha, Boane e Moamba, mediante a integración innovadora da horticultura, acuicultura e pesca artesanal, con enfoque de xénero e fortalecemento da seguridade alimentaria.

Específico: Fortalecer as capacidades técnicas, organizativas e produtivas de comunidades rurais, especialmente de mulleres e mozos, para integrar de forma innovadora e sustentable a horticultura, acuicultura e pesca artesanal, mellorando a seguridade alimentaria e a resiliencia fronte ao cambio climático.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Capacidades técnicas, organizativas e institucionais fortalecidas para a implementación, operación e sustentabilidade de sistemas integrados de horticultura e acuicultura, mediante o uso de tecnoloxías apropiadas, o aproveitamento eficiente de recursos hídricos e a promoción de boas prácticas produtivas.

       A.1.1.1. Seguimento, mantemento e posta en funcionamento do tanque de reserva de auga construído.

       A.1.1.2. Capacitación e implementación de unidades hortícolas aproveitando os efluentes fertilizados do tanque, xerando unha economía circular.

       A.1.1.3. Sistematización e socialización da experiencia piloto sobre o uso de efluentes do tanque na produción hortícola (A2.R1).

 

RE 1.2. Melloradas as capacidades técnicas, organizativas e infraestruturais para unha pesca artesanal sustentable, segura e ambientalmente responsable, con énfase no uso de artes de pesca adecuadas e na redución de riscos laborais.

       A.1.2.1. Monitorización e mellora do uso de artes de pesca ambientalmente responsables para unha pesca artesanal sustentable.

       A.1.2.2. Deseño e construción de artes de pesca sustentables, facilitando o acceso a equipos adecuados e ambientalmente responsables.

       A.1.2.3. Adecuación de infraestruturas pesqueiras comunitarias e fortalecemento das condicións de seguridade laboral.

 

RE 1.3. Fortalecidas as capacidades produtivas, comerciais e comunitarias de mulleres emprendedoras para mellorar a seguridade alimentaria local, mediante o aproveitamento do peixe como fonte de nutrición, ingresos e desenvolvemento económico.

       A.1.3.1. Fortalecemento de asociacións de mulleres dedicadas á comercialización de peixe, mediante asistencia técnica, entrega de equipamento básico (básculas, tarimas, conxeladores, xeo) e mellora de capacidades para a venda por peso e en condicións hixiénicas.

       A.1.3.2. Acompañamento e seguimento na implementación de plans de negocio e fortalecemento de capacidades en xestión financeira e comercialización, dirixidos a mulleres emprendedoras do sector pesqueiro, con acompañamento técnico para mellorar a rendibilidade e sustentabilidade das súas iniciativas.

       A.1.3.3. Formación de referentes comunitarios e activistas en seguridade alimentaria e nutrición, con enfoque de xénero, para impulsar o consumo de peixe e a súa valorización como alimento prioritario.

       A.1.3.4. Elaboración e difusión de cociñas comunitarias con preparacións de peixe seguras, nutritivas e culturalmente apropiadas, desenvolvidas coa participación de mulleres emprendedoras e adaptadas aos gustos locais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 902 (261 mulleres/nenas, 641 homes/nenos)

Indirecta: 4.510 (1.305 mulleres/nenas, 3.205 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)