Proxectos

FORTALECEMENTO DOS PESCADORES ARTESANAIS DA REXIÓN ORIENTAL DE EL SALVADOR

OBXECTIVOS

- Mellorar as condicións dos pescadores e pescadoras artesanais da praia El Cuco por medio da modificación e modernización dos apeiros de pesca, embarcacións e potencia de motor

- Fortalecemento da conservación do produto dentro do mar (cadea de frío)

- Fortalecemento de artes de pesca existentes así como a introdución de artes novas de cara a descargar o recurso sobre explotado

ACCIÓNS

- Remodelación de 40 embarcacións de 21 pés de eslora

- Identificación de medidas e elaboración do manual de seguridade no mar

- Fortalecemento de embarcacións con 40 xogos de seguridade marítima

- Fortalecemento  a pescadores con ferramentas para a conservación da cadea de frío dentro do mar

- Deseño e execución dun plan de formación para pescadores artesanais con enfoque empresarial

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Plan operativo AECID
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Golfo de Fonseca
Axentes: 
OTC O SALVADOR
Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Axudas: 

62.000 EUROS