Proxectos

Fortalecemento dos servizos de protección infantil e violencia de xénero en Ouaddai (Chad).

O proxecto reforzará a protección da infancia e a resposta á violencia de xénero
en Ouaddaï, ampliando a presenza de UNICEF, reforzando a capacidade local para previr, identificar e responder á violencia e outras violacións dos dereitos contra a infancia, mediante o fortalecemento dos sistemas formais e mecanismos comunitarios.
Contribuirá a dous resultados clave: os nenos superviventes de violencia de xénero, non acompañados, separados e outras vítimas de violencia están protexidos a través do enfoque de xestión de casos, que inclúe a prestación de servizos de saúde e psicosociais que prioricen as súas necesidades e intereses superiores. Refórzanse os sistemas locais de protección da infancia e mellora o compromiso da comunidade para previr e mitigar de forma eficaz a violencia de xénero e os riscos de protección da infancia.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Sahel-África
País: 
CHAD
Zona de actuación: 
Ouaddaï
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF Chad

Código CRS: 
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Reforzar a prestación de servizos e os mecanismos de protección para previr e responder mellor á violencia de xénero e a outros riscos de protección infantil na provincia.

Específico: Mellorar a identificación, a derivación e a atención oportuna e de calidade aos nenos e nenas en risco de violencia ou afectados por ela, mediante o fortalecemento da capacidade dos servizos locais e dos mecanismos de protección de base comunitaria.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Os nenos e nenas superviventes de violencia de xénero, os non acompañados ou separados e outras vítimas de violencia están protexidos mediante un enfoque de xestión de casos que inclúe a prestación de servizos sanitarios e psicosociais, priorizando as súas necesidades e o seu interese superior.

A.1.1.1 Distribución de kits adaptados ás necesidades dos nenos e nenas durante o proceso de xestión de casos individuais.

A.1.1.2 Formación e ortientación dos xestores de casos

RE 2.1 Fortalécense os sistemas locais de protección da infancia e promóvese a participación comunitaria para previr e mitigar eficazmente a violencia de xénero e os riscos para a protección da infancia.

A.2.1.1 Sesións de diálogo comunitario con líderes e adolescentes para fomentar a participación da comunidade, co obxectivo de previr e mitigar eficazmente a violencia de xénero e os riscos para a protección da infancia.

A.2.1.2 Creación e fortalecemento de mecanismos comunitarios de protección da infancia.

A.2.1.3 Desenvolvemento dunha campaña de mobilización comunitaria (campaña de sensibilización, actividades de difusión presencial, incidencia política e avaliacións comunitarias) para facilitar a reintegración na comunidade e promover os dereitos da infancia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2.299 persoas ( 820 mulleres, 340 homes, 344 nenos e 795 nenas)

Indirecta: 17.500 persoas ( 4.500 mulleres, 4.400 homes, 4.000 nenos e 4.600 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 75,000,00€