Proxectos

FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL DA UNIVERSIDADE NACIONAL DE LOJA: DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO, FORMACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DISPOÑIBILIDADE DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA PARA FOMENTAR A XESTIÓN SUSTENTABLE DO TERRITORIO

Coa execución do proxecto formaranse profesionais de institucións vinculadas á xestión territorial, a través do deseño e execución dun máster en Xestión Sustentable do Territorio; fortaleceranse as capacidades do Centro Integrado de Xeomática Ambiental (CINFA) da Universidade Nacional de Loja, como ente local de formación especializada, dotándoo do equipamento necesario para impartir formación avanzada e especializando as súas capacidades e coñecemento en xestión do territorio a través da formación de catro investigadores na USC e a reincorporación na UNL dun investigador formado na USC; e facilitarase a información xeográfica do CINFA como ferramenta básica para a xestión territorial a través da posta en marcha dun xeoportal.
Período de execución: xullo 2010 - novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Loja (provincia)
Loja (cantón)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Universidad Nacional de Loja (UNL) - Centro Integrado de Xeomática Ambiental

Código CRS: 
43040 - Desenvolvemento rural
Obxectivos: 

Mellorar a xestión sustentable do territorio e os procesos de planificación mediante o fortalecemento institucional e a formación de persoal técnico

Resultados e actividades: 

• Definición da estrutura do mestrado, corpo docente, elaboración plan curricular e difusión do programa.
• Dotar de equipos informáticos ao CINFA para o desenvolvemento da mestría.
• Selección e estadía de adestramento de investigadores da UNL na USC.
• Formación en xestión do territorio
• Matrícula e asignación de axudas a 12 estudantes
• Desenvolvemento da etapa de formación do programa de mestrado e inicio etapa de proxecto de investigación.
• Difusión dos avances dos principais logros do proxecto en Galicia
• Establecemento de puntos de control e proceso de ortorectificación
• Acondicionamento de datos e configuración do servidor para a súa posterior incorporación
• Programación do interface do visor web e posta en funcionamento. Elaboración de metadatos da información xeográfica.

Poboación beneficiaria: 

Beneficiarios directos: 24 alumnos do mestrado que se realizará en Loja e 4 investigadores da Universidade Nacional que se capacitarán na USC.
Beneficiarios indirectos: Como mínimo, a poboación da rexión 7 (1.144 .471 habitantes (máis do 50% mulleres e 4% poboación indíxena)

Axudas: 

258.332,20€ (2010: 129.166,10€ - 2011: 129.166,10€)