Proxectos

FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL DE EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS EN GALICIA

Contribuír a un cambio de actitudes na sociedade galega a través da Educación para o Desenvolvemento e a mobilización social polo dereito a educación de todas e todos

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
Obxectivos: 

Fortalecer a presenza e participación de ESF – Galicia na vida asociativa galega e o seu traballo como axente de sensibilización en Educación para o Desenvolvemento 

Resultados e actividades: 

- Seleccionar unha delegado ou delegado para coordinar ESF Galicia
- Realización de reunións mensuais para dar a coñecer a entidade e as actividades que realiza
- Realización de visitas de presentación de ESF ás Universidades e entidades de educación locais e provinciais
- Participar nas reunións da coordinadora galega de ONGD
- Envíar información ás socias e socios de ESF en Galicia sobre as actividades  e propostas da Delegación
- Participar nas reunións da Campaña Mundial da Educación (CME) a nivel autonómico e estatal
- Envíar información da CME aos centros educativos e difundilos entre as socias e socios en Galicia
- Organizar o acto central da Semana para a Acción Mundial pola Educación 2008 en Vigo e localidades próximas

Axudas: 

15280