Proxectos

Fortalecemento institucional e comunitario no marco do programa Oxlajujtz´ikin. Fase IV

O proxecto representa a derradeira fase do programa Oxlajuj Tz’ikin no ámbito do fortalecemento das capacidades técnicas, administrativas, financeiras e políticas dos gobernos municipais e das organizacións comunitarias de Retalhuleu e Champerico. Preténdese que ao finalizar a execución, os gobernos municipais consoliden a súa capacidade financiera para o que se traballará fundamentalmente no ordenamento territorial. Respecto ás estruturas comunitarias, afóndase na súa participación e incidencia para o desenvolvemento integral e a equidade de xénero dende a cosmovisión maia.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
INICIATIVA CIVIL PARA A DEMOCRACIA (INCIDE)
Contraparte: 

Coordinadora Nacional Indíxena e Campesiña CONIC co acompañamento da Asociación Maia Oxib Noj. AMON.

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Obxectivo Específico: Contribuír ao fortalecemento institucional e das estruturas organizativas comunitarias mediante o fortalecemento do poder local, en base a principios e valores da cosmovisión maia, de cara a lograr a sustentabilidade dos proxectos.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Creada unha Base Inmobiliaria Xeo Referenciada, que permita ter o control dos prezos e servizos públicos da área urbana das municipalidades de Champerico e Retalhuleu.
Actividades:
A.1.1.: Proceso de capacitación dirixido ao persoal da oficina de ordenamento territorial e ao novo Concello Municipal nas municipalidades de Retalhuleu e Champerico.
A.1.2.: Reunións e talleres de sensibilización, información cos COCODES dos barrios e o COMUDE dos municipios de Champerico e Retalhuleu.
A.1.3.: Compra de equipo de ordenamento territorial.
A.1.4.: Realizar medicións técnicas na municipalidade de Champerico.
A.1.5.: Proceso de capacitación dirixido ao persoal da oficina de ordenamento territorial, do catastro, da empresa eléctrica e da oficina de servizos públicos no municipio de Retalhuleu.
A.1.6.: Realizar a integración da información nas municipalidades de Champerico e Retalhuleu.
Resultado 1.2.: O Municipio de Champerico actualizou a categoría dos seus centros poboados a nivel de caseríos e aldeas.
Actividades:
A.2.1.: Elaboración dun instrumento técnico para a recolección de información nos centros poboados da área rural.
A.2.2.: Realización dun traballo de campo para reunir a información dos centros poboados.
A.2.3.: Elaboración de medidas territoriais.
A.2.4.: Realización de expedientes de solicitude ao Instituto de Estatística aprobados polo Concello Municipal.
Resultado 1.3.: A municipalidade de Champerico e as comunidades membros do programa contan con acordos técnicos e financeiros relacionados coa sostibilidade dos proxectos do programa.
Actividades:
A.3.1.: Estimación dos custos que implica a sostibilidade dos proxectos do programa.
A.3.2.: Desenvolvemento da negociación coa municipalidade para a asignación de recursos técnicos e financeiros municipais para a sostibilidade dos proxectos.
A.3.3.: Xestión da certificación do acordo de compromiso por parte da municipalidade.

Poboación beneficiaria: 

Retalhuleu
Directa: A Corporación Municipal integrada por unha media de 12 persoas interesadas na formación.
Indirecta: A totalidade da poboación do municipio que conta con 84.987 habitantes, situados o 49% na área urbana e o 51% na área rural, o 52 % son mulleres e o 48 % son homes.
Champerico
Directa: A Corporación Municipal integrada por unha media de 8 persoas interesadas na formación.
Indirecta: A totalidade da poboación do municipio que conta con 30.067 habitantes dos cales o 51 % son homes e o 49 % mulleres distribuídos o 31 % na área urbana e o 69 % na área rural.

Axudas: 

85153