Proxectos

FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL E DO TECIDO SOCIAL DAS CÁMARAS DE PAÚL E MAIO

A presente intervención pretende reverter no fortalecemento das cámaras municipais de dous concellos caboverdianos: o Concello de Paul e o Concello de Maio, mediante a implementación de dúas liñas de actuación.
No Concello de Paul levarase a cabo unha actuación tendente a promoción da igualdade de xénero e empoderamento das mulleres, a través da Implementación do Plan Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero (PMIEG)
No Concello de Maio preténdese promover espazos de encontro e de concertación social nas localidades de Alcatraz e Pilão Cão, con vista a combater o illamento e promover a capacitación das respectivas poboacións
Período de execución: agosto – decembro 2009

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Illa de Santo Antao
Illa de Maio
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Contraparte: 

Cámara Municipal do Paul – Cabo Verde

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Fortalecer as capacidades institucionais e comunitarias das cámaras municipais dos concellos de Paul e Maio, en Cabo Verde
Garantir a execución das accións iniciais para a promoción da igualdade de xénero no Municipio de Paul
Promover espazos de encontro e de concertación social nas localidades de Alcatraz e Pilão Cão, con vista ao combate ao illamento e capacitación e reforzar o asociacionismo

Resultados e actividades: 

• Elaboración do regulamento de funcionamento do Gabinete de Apoio á Muller
• Capacitación do equipo do Gabinete de Apoio á Muller en materia de elaboración, seguimento e execución de proxectos cunha perspectiva de xénero
• Elaboración dos TdR e selección do equipo de axentes para a igualdade e equidade de xénero
• Capacitación en materia de xénero e autoestima do equipo de axentes de xénero
• Creación do grupo de monitorización e avaliación da implementación do PMIEG
• Adquisición de materiais para o funcionamento do gabinete. Sistematización das informacións e presentación de informes mensuais
• Sinatura do Protocolo de parcería co Gabinete de Orientación e Inserción Profesional da Muller (GOIP) de Santo Antão para a prestación de servizos de orientación no municipio de Paul
• Encontros cos parceiros locais para presentación do proxecto e establecemento de parzarías
• Sinatura do contrato de prestación de servizo coa radio local para a divulgación do PMIEG e das actividades do Gabinete de Apoio á Muller e do PMIEG
• Elaboración e publicación de folletos, cartafoles e outros materiais de divulgación
• Desenvolvemento de accións de animación comunitaria
• Formación de docentes en materia de igualdade de xénero
• Cursos de xénero e autoestima dirixidos ás mulleres
• Desenvolvemento dunha campaña sobre "Coidados de Saúde" dirixida especificamente aos homes
• Desenvolvemento do Programa de verán “Mocidade pola Igualdade de xénero"
• Promoción da creación dun grupo de debate sobre embarazo na adolescencia
• Apoio a grupos de teatro e equipos deportivos que presentan propostas que promoven a igualdade de xénero
• Construción do centro comunitario
• Equipamento do centro comunitario
• Formación dos membros da asociación
• Estruturación orgánica e funcional do centro comunitario
• Sesións (in)formativas destinadas á poboación das dúas localidades
• Dinamización do Centro Multimedia

Poboación beneficiaria: 

Directa:
Concello de Paul: membros do Gabinete de Apoio á Muller: un sociólogo, unha psicóloga clínica e dous delegados municipais; axentes de igualdade que apoiarán voluntariamente o traballo: 6 mulleres e 3 homes entre 26 e 33 anos de idade; usuarias do gabinete: mulleres en situación de vulnerabilidade, maioritariamente maiores de 16 anos.
Concello de Maio: membros activos da Asociación Comunitaria de Alcatraz / Pilão Cão (8 persoas); membros da Asociación Comunitaria do Morrinho (5 persoas) e do Morro (5 persoas); mulleres cabezas de familia e as persoas desempregadas serán consideradas como prioritarias.
Indirecta:
Concello de Paul: A poboación en xeral do municipio de Paul, un total de 1656 agregados familiares co tamaño medio de 5,8 persoas por familia. Aproximadamente 8383 habitantes, dos cales 4583 son homes e 3845 de sexo feminino
Concello de Maio: A poboación da illa (8.544 habitantes); particularmente a poboación de Alcatraz (210 habitantes) e poboación de Pilão Cão (85 habitantes)

Axudas: 

75148