Proxectos

FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL MUNICIPAL E COMUNITARIO NO MARCO DO OXLAJUJ T´ZIQUIN

O fortalecemento á organización comunitaria de 17 comunidades e dunha asociación de pescadores nos municipios de Champerico e Retalhuleu consiste en incrementar as capacidades de homes, mulleres, novos para que poidan desenvolver propostas de desenvolvemento rural involucrando cada actor comunitario na determinación das súas necesidades prioritarias, as accións para solucionalas, a execución e a análise dos resultados e impactos.

Ao tempo, promóvese unha participación equitativa e igualitaria dende a presenza de homes, mulleres e mozos para contar coa opinión, a proposta e a xeración e intercambio de coñecementos e experiencia; fomentando que os valores e fundamentos da cosmovisión maia sexa o fundamento básico das propostas desenvolvidas cun respaldo encontrado no marco xurídico guatemalteco e nos diferentes convenios internacionais e nacionais que velan polos dereitos fundamentais dos pobos indíxenas.

Este programa de fortalecemento busca xerar condicións de sustentabilidade no longo prazo, baseado nas seguintes liñas de acción:

1. Fortalecer o sistema financeiro municipal
2. Crear e/ou fortalecer as oficinas de planificación da muller
Período de actuación: xaneiro - decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
INICIATIVA CIVIL PARA A DEMOCRACIA (INCIDE)
Código CRS: 
15110 - Política / planificación económica e do desenvolvemento
Obxectivos: 

Contribuír ao fortalecemento institucional municipal e das estruturas organizativas comunitarias onde homes e mulleres achegan ao fortalecemento do exercicio do poder local, con principios e valores dende a cosmovisión maia

Resultados e actividades: 

1. Creación e/ou actualización das propostas de dous regulamentos de servizos municipais co seu respectivo plan de taxas. Discusión, aprobación e publicación dos regulamentos.
2. Deseño e desenvolvemento da capacitación a membros das corporacións municipais e persoal das oficinas da muller.
3. Apoio á elaboración dos instrumentos fiscais da planificación territorial.
4. Creación e equipamento da oficina municipal de catastro.
5. Desenvolver un plan de capacitación en materia de planificación comunitaria, técnicas de priorización de proxectos, funcionamento do gasto público e establecemento de micro empresas
6. Desenvolver un plan de capacitación en materia xurídica, sobre o sistema de consellos de desenvolvemento, sobre a lexislación ambiental e o coidado dos bens naturais.
7. Reunións de reflexión e aprendizaxe sobre a cosmovisión maia.
8. Acompañamento ás organizacións comunitarias para a promoción e xestión dos plans de desenvolvemento comunitario.
9. Realización de reunións preparatorias con xuntas directivas comunitarias e de asembleas comunitarias, para a integración ao sistema de consellos de desenvolvemento.
10. Reunións de avaliación e avances do consello micro rexional coas institucións que participan no programa.
11. Reunións para explicar e solicitar información sobre o procedemento xurídico e os avances deste.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 20.000 persoas, a poboación dos 18 asentamentos
Indirecta: 40.000 persoas, a poboación dos dous municipios

Axudas: 

100000