Proxectos

Fortalecemento integral en incidencia, eficacia e sostibilidade da asociación Labañou Solidaria-ONGD para aumentar a súa contribución de calidade ao esforzo común en cooperación ao desenvolvemento en Galicia

Este proxecto enmárcase dentro do obxectivo xeral da convocatoria por canto que pretende mellorar as capacidades deste actor para realizar unha contribución de calidade ao esforzo común en materia de cooperación. Responde, por tanto, a unha das prioridades sectoriais na sensibilización para o desenvolvemento enunciada na Lei 3/2003 de Cooperación para o Desenvolvemento (artigo 8, punto 2d): “Potenciar os axentes de cooperación para o desenvolvemento co fin de crear unha rede de solidariedade na nosa sociedade, así como impulsar e promover a participación social cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento”.

Por outra banda, hai que salientar os compromisos da Cooperación Española e Galega ca Declaración de París e Plan de Acción de Accra para a eficacia da axuda con respecto á primeira, sobre todo no referente á calidade da axuda e a xestión orientada a resultados, e con respecto ao segundo na construción de asociacións máis eficaces e inclusivas para o desenvolvemento, por canto que os nosos gobernos comprometéronse a profundizar na colaboración cas asociacións da sociedade civil e ca aceptación e traballo con todos os actores involucrados no desenvolvemento. 

A complementariedade deste proxecto de fortalecemento co Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 ven determinada por:
-Compromiso absoluto cos seus principios e os criterios que deben inspirar a política de cooperación, que facemos nosos para cada actuación e intervención.
-Con respecto aos obxectivos estratéxicos actuaremos sobre os tres. En primeiro lugar continuaremos loitando contra a pobreza colaborando na consecución dos ODM por canto que moitas das nosas intervencións seguirán contribuíndo á satisfacción das necesidades sociais básicas (auga e saneamento ca UDC, saúde, seguridade alimentaria e educación e equidade) aínda que pretendemos aumentar a súa eficacia, tamén seguiremos potenciando o desenvolvemento económico de base local e ambientalmente sustentable mellorando a eficacia das intervencións en desenvolvemento produtivo de turismo sostible e vivencial, contribuíndo ao fortalecemento do tecido produtivo e desenvolvemento rural, sobre todo ca incorporación na nosa estratexia de traballar polo comercio xusto como ferramenta útil neses contextos. En segundo lugar, melloraremos a calidade da axuda, incorporando de forma máis efectiva os principios da Axenda de París por canto que realizaranse estudos previos sobre as políticas de desenvolvimento nacionais nos ámbitos que actuemos, e aumentaremos a transparencia e rendición de contas cara dentro e cara fora, contribuíndo por tanto ao compromiso dos noso goberno rexional cas axendas internacionais. En terceiro lugar, actuaremos con respecto a Promoción na sociedade galega da conciencia solidaria respecto á realidade do Sur e da súa participación efectiva na promoción do desenvolvemento por canto que este proxecto contribuirá a mellorar nosas capacidades técnicas e organizativas, fomentaremos o comercio xusto e o consumo responsable e dende este ano vamos ser partícipes xunto ca Universidade da Coruña nun proxecto de investigación sobre métodos de saneamento sostibles, continuando tamén a investigación en turismo vivencial.
-O noso ámbito xeográfico seguirá sendo o distrito de Vilcabamba en Perú polo que LS contribuirá con intervencións de desenvolvemento de acordo coas prioridades xeográficas recollidas no Plan Director.
-Haberá tamén unha complementariedade cas prioridades transversais do Plan: seguimos tendendo os nosos esforzos sobre todo na loita contra a pobreza e a equidade de xénero e contribuiremos aínda máis á defensa da sustentabilidade ambiental cos novos proxectos, sempre dende o respecto polos DDHH e a interculturalidade.
-Traballaremos en pro das seguintes prioridades sectoriais con maior eficacia e calidade: cobertura de necesidades sociais básicas (polo noso traballo en saneamento e seguridade alimentaria coas hortas familiares); infraestrutura e promoción do tecido económico (nova estratexia de comercio xusto e continuaremos co turismo vivencial como fonte alternativa de ingresos) ; investimento no ser humano (capacitación en agroecoloxía e arqueoloxía) e xestión ambiental sustentable (turismo vivencial e sostible, saneamento integrado sustentable e enerxías alternativas e comercio xusto que busca tamén unha xestión ambiental sostible) Este proxecto pretende facilitar as relacións con diferentes actores da cooperación galega por canto que asistir a reunións, comisións da coordinadora, foros e feiras vai ser factible, sobre todo no eido do comercio xusto onde o movemento cobra máis forza día a día. Cando esteamos preparados para comezar a traballar pola certificación de comercio xusto poderemos achegar esa nova experiencia ao  movemento.

Este proxecto encádrase nas seguintes liñas:
-Promove o intercambio de experiencias e o transvase de coñecementos entre ONGD por canto que a nosa participación en foros e reunións con outras ONGDs vai facilitar ese intercambio, así mesmo brindarnos a posibilidade de aprender de outros e que outros aprendan de nós.
-Promove o intercambio de experiencias e o transvase de coñecementos con outros axentes da cooperación galega por canto que van establecerse relacións con establecementos dedicados a venda de produtos de comercio xusto, distribuidoras, ou o ca coordinadora estatal de comercio xusto ou o propio selo, o que vainos axudar a definir con precisión a nova estratexia.
-Promove o fortalecemento da área de comercio xusto, xa que pretendemos traballar directamente nese ámbito ao tempo que sensibilizamos as persoas asociadas e ás potenciais, indirectamente actúa sobre o consumo responsable dentro dunha filosofía común.
-Promove o fortalecemento da área de incidencia social, xa que permitirá a mellora dos sistemas de comunicación interna e externa aumentando a incidencia na sociedade galega.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
LABAÑOU SOLIDARIA
Código CRS: 
92030 - Apoio a ONGD locais e rexionais
Obxectivos: 

Obxetivo xeral: Labañou Solidaria-ONGD vese fortalecida polo proxecto e incrementa a súa contribución de calidade ao esforzo común en materia de cooperación.
Obxetivo  específico: O proceso de fortalecemento traballará a tres bandas. Por un lado mellorará a nosa incidencia na sociedade e no sector por medio da sensibilización/participación e do traballo en rede. Por outro lado incrementaranse os nosos ingresos para a continuidade na contratación de persoal en sede e para acometer novos proxectos no exterior mellorando a viabilidade dos mesmos e a sostibilidade da
entidade. E por último o proxecto mellorará a nosa eficacia como actor de desenvolvemento a través do aumento das capacidades técnicas que permitan unha mellor xestión do ciclo do proxecto.

Resultados e actividades: 

Aplicación da estratexia de comunicación interna (cara a base social existente) e externa (base social potencial).
Aplicación da estratexia de traballo en rede na cooperación galega en xeral, e no sector do Comercio Xusto en particular.
Actividades de sensibilización e recadación nas que se ofrece produtos de promoción da ONGD para a venda. As campañas de comunicación interna (boletíns) e externa (Web 2.0) contribúen a que a base social aumente as súas achegas en cotas.
Elaboración dun plan/calendario de CONVOCATORIAS.
A persoa contratada en sede dedícalle o tempo necesario para preparar un plan estratéxico completo e de calidade baixo as directrices da Xunta Directiva.
Realización dun obradoiro formativo interno sobre ciclo do PROXECTO.
Estudo de motivación sobre o consumo de productos de Comercio Xusto e degustación de productos nalgunhas das actividades programadas.

Axudas: 

TOTAL: 12.495,00 € (2011: 12.495,00 €)