Proxectos

Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia

Este proxecto busca reducir a vulnerabilidade das comunidades do sur de Perú ante inundacións e riadas, fortalecendo as capacidades dos seus equipos de emerxencia. Amplía a estratexia iniciada contra os incendios forestais, debido ao aumento do risco en zonas afectadas pola destrución da masa vexetal. Inclúe a colaboración transfronteiriza con Bolivia, fomentando o intercambio de experiencias na xestión de riscos. O proxecto levarase a cabo en cinco fases durante 9 meses, mellorando a preparación, a resposta e a coordinación dos equipos de emerxencia de Perú e Bolivia.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Puno (departamento)
Axentes: 
Asociación Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia – BRIEGAL
Contraparte: 

Goberno Rexional de Puno, Oficina Rexional de Xestión de Riscos de Desastre e Seguridade

Obxectivos: 

Xeral: Reducir a vulnerabilidade das comunidades en zonas de alto risco de inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú mediante o fortalecemento das capacidades de xestión de emerxencias dos equipos locais peruanos e a promoción da colaboración con equipos de emerxencia de Bolivia.

Específicos:

  • OE 1: Avaliar as capacidades actuais e as necesidades de formación dos equipos de emerxencia (bombeiros, policía, persoal de saúde, defensa civil, voluntarios) nas rexións do sur de Perú e de equipos seleccionados de Bolivia en zonas fronteirizas.
  • OE 2: Deseñar e implementar un programa de capacitación binacional adaptado ao contexto andino sobre prevención, preparación, resposta e recuperación ante inundacións e riadas, incluíndo aspectos técnicos, operativos e de coordinación interinstitucional e transfronteiriza.
  • OE 3: Dotar aos equipos de emerxencia participantes con ferramentas, equipos básicos e recursos de información relevantes para mellorar a súa capacidade operativa en situacións de emerxencia.
Resultados e actividades: 

RE 1.1: Realizouse unha avaliación exhaustiva das capacidades e necesidades de formación dos equipos de emerxencia nas zonas de intervención.

A 1.1.1: Contacto e coordinación coas autoridades.

A 1.1.2: Entrevistas para a avaliación de capacidades e necesidades.

RE 2.1: Implementouse un programa de capacitación binacional integral, adaptado ás necesidades identificadas.

A 2.1.1: Deseño de actividades formativas.

A 2.1.2: Execución de actividades formativas.

RE 3.1: Os equipos de emerxencia participantes contan con ferramentas, equipos básicos e recursos de información relevantes.

A 3.1.1: Elección dos equipos a entregar.

A 3.1.2: Entrega e establecemento dun sistema de seguimento.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 40 (20 mulleres e 20 homes)

Indirecta: 800.000 (400.000 mulleres/nenas e 400.000 homes/nenos)

Axudas: 

29.999,75 € en 2025