Proxectos

Fortalecementos das capacidades técnicas da Administración Rexional responsable dos recursos hídricos

Este proxecto constitúe a continuación, a fase II, do proxecto financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 denominado “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica e da Hidroxeoloxía” en Mozambique (SIXHIARA). Nesta fase II pretendese dar continuidade o traballo realizado para empoderar o ARA-Norte das ferramentas e os estudios realizados na fase I. Farase fincapé nas formacións tanto prácticas como teóricas nas que se profundizarán na temática de interese estratéxica para o ARA-Norte.

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte)
 

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorada a xestión do recurso hídrico na provincia de Cabo Delgado, aumentando a calidade e a cobertura do servizo de abastecemento e saneamento da poboación.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico: ARA-Norte no ámbito dos SIX e da hidroxeoloxía.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Mellorada a xestión dos acuíferos da zona de Pemba

Actividades
A.1.1: Consolidación e actualización da rede de monitoreo nos acuíferos de Metuge e entorno de Pemba
A.1.2: Diagnoses da evolución do acuífero, incluíndo un estudo de recarga hídrica, de cara a súa xestión por parte do ARA-Norte
A.1.3: Elaboración do plan de formación conxuntamente co ARA-Norte
A..1.4: Formación técnica e aplicada para a consolidación da rede de monitoreo e actualización do estado dos acuíferos.
Resultado 1.2: Apropiada e empregada a ferramenta gvSIG-SIXHIARA coas novas funcionalidades para a xestión do recurso hídrico
Actividades
A.2.1: Desenvolvemento das melloras e novas funcionalidades do Sistema de Información Xeográfica baseado en Software Libre (gvSIG-SIXHIARA), creado na fase I deste proxecto.
ACTIVIDADE 1.2.2: Actualización da BDD no gvSIG-SIXHIARA cao información xerada no actual proxecto
A.2.3: Realización e implementación na base de datos dun inventario de puntos contaminantes.
A.2.4: Xeración de cartografía vinculada os estudos realizados no proxecto e visualizacións específicas para os requisitos de emprego da ARA-Norte
A.2.5: Capacitación no emprego e aproveitamento da nova versión gvSIG-SIXHIARA na ARA-Norte e outros actores públicos rexionais.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: considérase a ARA-Norte a beneficiaria directa do proxecto, centrado no aumento de capacidades dos seus integrantes, xunto con FIPAG (Fundo de Investimento e Patrimonio do Abastecemento de Auga) xa que como entidade pública autónoma responsable da dotación do servizo na cidade de Pemba terá un forte interese na actualización da diagnose do estado do acuífero que está a explotar.

Indirecta:
a poboación beneficiaria indirecta do proxecto son os habitantes da cidade de Pemba xa que verán mellorada a xestión do suministro de auga da súa cidade e por tanto melloraran a medio prazo o acceso o recurso hídrico. (Total de 1.788.415 habitantes: 882.491 hombres y niños; y 914.844 mujeres y niñas)
 
 

Axudas: 

50.959,00 € (2014)