Proxectos

FORTALECER A ÁREA DE ACCIÓN SOCIAL (EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO, SENSIBILIZACIÓN E INCIDENCIA POLÍTICA) DE PAZ E DESENVOLVEMENTO GALICIA ONGD

Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega responsábel, activa, informada e crítica que loite pola consecución dunhas relacións máis xustas e solidarias

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
PAZ E DESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Fortalecer a Área de Acción Social de Paz e Desenvolvemento-Galicia ONGD nos seus tres eixes: educación para o desenvolvemento, acción social e incidencia política

Resultados e actividades: 

- Contratación de persoal técnico para a Área de Acción Social de Paz e Desenvolvemento-Galicia, descrición das tarefas a realizar e integración na organización.
- Crear unha base de datos de entidades públicas e privadas e medios de comunicación que traballan en Galicia.
- Elaboración e execución dun Plan anual de comunicación da delegación de Paz e Desenvolvemento-Galicia.
- Relación de contactos proactivos coas diferentes entidades e medios de comunicación.
- Deseño e edición do material divulgativo (díptico e CD-ROM) en galego da delegación de Paz e Desenvolvemento-Galicia.
- Revisión lingüística, deseño, edición e impresión de dous paneis informativos sobre a exposición “Antiguos sueños de mujeres kichwas", de dous paneis informativos dos proxectos executados por Paz e Desenvolvemento en Bolivia e financiados pola DXCE e do díptico e carteis que acompañan ditas exposicións.
- Organizar, coordinar e executar as diversas actividades de difusión dos proxectos de Paz e Desenvolvemento ONGD en Bolivia e Guinea Bissau (proxectos financiados pola DXCE) e en Ecuador (exposición fotográfica “Antiguos sueños de mujeres kichwas"), en catro centros comarcais galegos e asociacións sociais.
- Elaboración e envío de carta-invitación e mailing, así como de nota de prensa con información sobre as datas previstas para levar a cabo as exposicións e os lugares onde se realizarán.
- Busca proactiva de espazos sociais de debate entorno a cooperación ao desenvolvemento e xénero e desenvolvemento.
- Establecemento de compromisos de colaboración e participación en foros, relatorios, reunións, plataformas e outros espazos sociais informais.
- Elaboración e execución dun plan de acción para a integración do enfoque de xénero en todos os niveis da organización: ideolóxico-político, operativo e cultural.
- Autoformación do equipo técnico contratado de Paz e Desenvolvemento-Galicia ONGD, dos socios e socias integrados na organización e das persoas que de modo voluntario ou a través dun convenio de prácticas estean a colaborar de modo activo no desenvolvemento de diversas actividades dentro da organización, en materia de xénero e desenvolvemento. 

Axudas: 

17800