Fortalecer a atención e protección integral a persoas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador
Esta intervención, levada a cabo por ACPP e a súa contraparte Comcavis Trans, aborda a crise humanitaria que vive a poboación LGTBI+ no Salvador, tanto autóctona como estranxeira desprazada (en tránsito ou destino), en forma de violación sistemática dos seus Dereitos Humanos e exclusión social por motivos de orientación sexual, identidade e expresións de xénero, instigada pola pandemia do COVID-19. Partindo dun enfoque coordinado coas accións das axencias da ONU e coas prioridades do Plan de Resposta Humanitaria no Salvador 2021 da OCHA, a intervención proponse fortalecer a protección da poboación LGTBI+ en base a unha lóxica gradual, que atravesa tres fases: Garantir o acceso a solucións de aloxamento temporal e servizos especializados de asistencia psicolóxica e xurídica; facilitar o acceso a aloxamento, comida e hixiene dignos durante tres meses mediante transferencias en efectivo; e xerar cambios sociais na percepción da situación do colectivo LGTBI+
Asociación Comunicando y Capacitando a Mujeres Trans en El Salvador (Comcavis Trans)
Xeral: Mellorar o acceso aos dereitos básicos de persoas LGTBI+ en especial situación de vulnerabilidade.
Específico: Fortalecer a atención e protección integral a persoas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador
RE 1.1. A casa refuxio Karla Arvelar dispón de instalacións, equipos e servizos para una atención integral de calidade e con calidez a persoas LGTBI+ con necesidade de protección e resgardo temporal
A. 1.1.1 Equipamento da casa refuxio Karla Avelar
A.1.1.2 Rexistro e seguimento de casos de resgardo de persoas LGTBI+ en condición de desprazamento forzado
A.1.1.3 Sesións de atención legal individual
A.1.1.4 Sesións de atención psicolóxica individual
A.1.1.5 Sesións de autocoidado para equipo operativo de Comcavis Trans.
RE 1.2 Poboación LGTBI+ en situación de vulnerabilidade dispón de medios para o acceso digno aos seus dereitos e aloxamento, alimentación e hixiene.
A.1.2.1 Entrega de kits de dignidade e kits de prevención do COVID19.
A.1.2.2 Entrega de cash transfer de arrendamento para persoas LGTBI+ desprazadas.
A.1.2.3 Entrega de vouchers para alimentación, hixiene e outros produtos de primeira necesidade a persoas LGTBI+ desprazadas.
RE 1.3 Poboación LGTBI+ protagoniza procesos de curación, individual e comunitaria, para contribuír á transformación do imaxinario social sobre a discriminación en base ao xénero.
A.1.3.1 Talleres de arte terapia, teatro e improvisación
A.1.3.2 Talleres de creación de performances
A.1.3.3 Realización de performances en espazos seguros e datas vinculadas á axenda internacional de refuxio e/ou loita contra a LGTBIfobia
A.1.3.4 Campaña de sensibilización sobre vulneración de dereitos da poboación LGTBI+.
Directa: 75 mulleres, 45 homes, 5 nenos e 5 nenas
Indirecta: 160.800 mulleres, 429,600 homes, 30.000 nenos e 30.000 nenas
Axuda Xunta de Galicia: 70.000 €