FORTALECER A AUTOESTIMA E PERCEPCIÓN SOBRE SI MESMAS DE MULLERES EN SITUACIÓN DE PROSTITUCIÓN E/OU VÍTIMAS DA TRATA DE PERSOAS CON ENFOQUE NOS SEUS DEREITOS ECONÓMICOS, SEXUAIS E REPRODUTIVOS, MEDIANTE O FOMENTO E ACOMPAÑAMENTO EN PROCESOS DE FORMACIÓN
O proxecto propón a consolidación no distrito metropolitano de Quito dun programa de atención integral enfocado no fomento dos dereitos económicos, sexuais e reprodutivos de mulleres, tanto ecuatorianas coma colombianas, que sufriron vulneración nos seus dereitos humanos e que son vítimas da trata de persoas ocasionados, entre outros factores, pola situación de violencia e migración procedente de Colombia cara a Ecuador. Do mesmo modo preténdese recoller as experiencias e estudos da comunidade adoratriz sobre a prostitución en Colombia e Ecuador, como estratexia para promover o cambio nos imaxinarios sobre a prostitución e trata de persoas
Período de execución: agosto 2010 - xullo 2011
Religiosas Adoratrices- Quito
Mellora da calidade de vida de mulleres vítimas da prostitución e/ou da trata de persoas e as súas familias, potenciando o seu empoderamento e as súas capacidades de xestión
- Realizar o estudo situacional sobre as condicións e calidade de vida das mulleres en situación de prostitución e/ou vítimas da trata de persoas e as súas familias.
- Deseñar a estratexia para o traballo permanente de achegamento aos lugares de desempeño das mulleres e un proceso de intervención de rúa.
- Curso de alfabetización e nivelación para obter certificados escolares e de bacharelato en coordinación co Ministerio de Educación.
- Impartir 7 módulos de formación sobre autoestima, identidades sexuais e de xénero, desenvolvemento humano e socio-produtivo con enfoque en dereitos económicos, sociais, culturais, sexuais e reprodutivos, civís e políticos mediante capacitacións
- Contratar unha consultoría para o deseño e elaboración da publicación sobre a capitalización da experiencia e resultado dos módulos
- Socialización e inscrición das mulleres no programa de alternativas laborais e economicamente sostibles e convenios con caixas de aforros para fondos rotativos.
- Impartir o Programa de formación en autoemprego de acordo ás necesidades e demandas (polivalentes en cociña- xefe de cociña, confección de roupa, ofimática, cosmetoloxía, deseño): cinco módulos de capacitación socio-laboral sinalados cunha media de 15 mulleres participantes en cada un
- Capacitar en elaboración de plans de negocios. Un taller de 70 horas de duración de capacitación en orientación socio-laboral e empresarial orientado á definición por parte das beneficiarias dos seus propios plans de negocio. Selección de 10 mulleres para que desenvolvan os seus plans de negocios
- Posta en marcha de iniciativas económica sostible sobre a base dos plans de negocios e módulos de formación.
- Firma de convenio por zona de traballo con empresas e/ou asociacións que impulsen o comercio xusto para canalizar os produtos.
- Establecer un espazo para a formación en 3 módulos de audiovisuais como ferramenta de creación e elevación de autoestima realizados dende a óptica e percepción das mulleres
Directa: 25 mulleres, entre 18 e 60 anos, mediante o plan de protección a vítimas da trata de persoas, e 80 mulleres en situación de prostitución a través dos talleres de capacitación laboral e formación integral.
Indirecta: 210 mulleres, mediante a información, formación e sensibilización tanto en centros de saúde coma nas actividades a realizar
175.000€ (2010: 87.500€ - 2011: 87.500€)